Data de emisión: 19 setembro 2019

La Generación del 2000

CONSULTAR TARIFAS

La Generación del 2000

HISTORIA

A XERACIÓN DO 2000

A primeira década do século XXI, tamén a primeira do terceiro milenio, estivo claramente marcada pola loita antiterrorista. Os atentados do ano 2001 en Nova York, e tres anos máis tarde os acontecidos en Madrid, puxeron o mundo en xaque.

Por iso, un dos selos emitidos nesta nova folla bloque está dedicado a ese día, o 11 de marzo de 2004, unha data que quedou gravada na mente e o corazón de todos os españois. A primeira hora da mañá, varios trens de proximidade detivéronse para sempre e, con eles, a vida de 193 persoas. O selo mostra “11M” decorado con flores, paxaros e notas musicais como símbolo do recordo e a esperanza e, tamén, como ese sentimento de solidariedade que se sementou aquel día en Madrid.

Os avances tecnolóxicos e científicos viviron unha auténtica aceleración durante esa década. As redes sociais, os buscadores de Internet, a aparición do primeiro Ipod ou a realización do primeiro transplante de células nais son só un exemplo desta revolución.

Outros dos selos consagrados a esta década está dedicado ao establecemento da secuencia do xenoma humano, que marcou o comezo para investigar multitude de enfermidades e lograr unha cura para elas. O selo, deseñado cunha ilustración da devandita secuencia xenética, é unha clara homenaxe a este grande avance.

Vivíronse grandes cambios políticos e económicos en todo o mundo. Putin foi elixido presidente de Rusia e, en Estados Unidos, por primeira vez na historia, é elixido como presidente un home negro. No ano 2004 prodúcese a ampliación da Unión Europea e tamén se asinou a Constitución que a avala. Todo isto sumábase á entrada do euro e, no caso de España, ao adeus á peseta.

O último dos selos ten como protagonista, precisamente, a posta en circulación do euro, cunha moeda de 1 euro, símbolo dese importante cambio.

A folla bloque, troquelada coa forma de 00, recolle un texto con outros grandes fitos desta década, seguindo o deseño de anos anteriores, onde se dedicaron outras follas bloques dende a década dos cincuenta, tendo como protagonistas os fitos máis importantes elixidos polos subscritores de Filatelia.