Data de emisión: 11 xuño 2019

La nueva Ruta de la Seda. España-China

CONSULTAR TARIFAS

La nueva Ruta de la Seda. España-China

HISTORIA

EMISIÓN CONXUNTA ESPAÑA-CHINA A NOVA RUTA DA SEDA. TREN YIWU-MADRID-YIWU.

Unha ano máis, Correos lanza unha emisión conxunta xunto con outro país, nesta ocasión xunto con China.

O Prego Premium está dedicado á nova ruta da seda, ao tren Madrid-Yiwu que dende o 18 de novembro de 2014, percorre os máis de 13.000 quilómetros separan Madrid da cidade de Yiwu.

Dúas veces á semana, o coñecido como Tren da Seda, inicia o seu longo e arduo camiño ata China. Sae de Madrid e percorre 13.052 quilómetros exactamente, pasando por Francia, Alemaña, Polonia, Bielorrusia, Rusia e Kazakstán. Cando chega á cidade chinesa de Yiwu, cidade comercial por excelencia, descarga a súa mercadoría e desfai todo o camiño para volver a España.

No seu percorrido, o tren tense que adaptar ata tres veces ao ancho da vía dos diferentes países por onde pasa. Tamén, hai que salientar que o Tren da Seda é unha opción moito máis ecolóxica que esta mesma ruta por estrada, aforrando ata 70 toneladas de emisións de CO2.

A duración para completar esta travesía intercontinental hoxe en día é de 16 días, algo que hai séculos era impensable, cando os barcos sucaban os mares para realizar esta mesma ruta.

Hoxe en día este tren non admite viaxeiros. Nos seus vagóns, só hai sitios para mercadorías, produtos importados de China e que usamos diariamente nas nosas vidas e por outro lado, produtos do noso país que triunfan en todo o mundo como o aceite de oliva, o xamón e os produtos ibéricos, o viño español etc.

Este intercambio entre oriente e occidente a través dun tren, supuxo toda unha revolución para o comercio exterior, despois de asinarse moitos contratos entre os dous países, favorecendo así o desenvolvemento económico.

O selo recolle a imaxe do Tren da Seda, por un lado, algúns dos selos recollen a ida, e outros, a volta.

O Prego Premium amosa o mapa coa ruta que realiza este tren sobre unhas vías de ferrocarril.