Data de emisión: 05 novembro 2019

Navidad 2019

CONSULTAR TARIFAS

Navidad 2019

HISTORIA

NADAL. CONSTRUÍNDO O BELÉN. BO NADAL

Son moitas as persoas que agardan cada ano a emisión dos selos do Nadal que Correos lanza por estas datas. Iníciase así a época das felicitacións do Nadal, de lembrarse daqueles que están lonxe, dos que están preto pero merecen a nosa lembranza ou da esperada carta aos Reis Magos e Papá Noel.

Cada ano, os selos de Nadal decoran estas felicitacións como se decoran as casas ou escaparates de vilas e cidades.

Este ano, o selo dedicado ao Nadal relixioso, está protagonizado polo Belén, concretamente por ese momento esperado en moitas casas españolas no que a familia se reúne para montar o Portal de Belén.

Dende un Belén coas figuras principais do coñecido como “Misterio”, ata beléns con máis de mil figuras e escenas bíblicas, esta tradición remóntase á Idade Media, máis concretamente ao século XIII. A orixe da devandita representación, tal e como a coñecemos na actualidade, debémoslla a San Francisco de Asís, son moitas as fontes que coinciden en que foi o santo a persoa que iniciou a tradición no Nadal de 1223.

Este selo preséntase tamén nun Prego Premium dedicado á Estrela de Oriente, protagonista tamén de moitos destes beléns. Unha composición destes selos forma a estrela que segundo a tradición, serviu de guía aos Reis de Oriente para chegar ata o Neno Xesús.

Os expertos trataron durante anos de dar unha explicación a este fenómeno celeste. Uns dicían que se trataba do Cometa Halley; outros, que foi unha supernova e, as últimas teorías, falan da conxunción da estrela Regulus e do planeta Xúpiter. Sexa como for, o que está claro que na maioría dos fogares españois, esta estrela é a que coroa o Portal de Belén.

O outro selo dedicado ao Nadal que emite Correos este ano, reúne diversas iconas relacionadas con estas datas como son o pavo, obxectos decorativos da árbore de Nadal como a bóla ou a campá, os agasallos ou o propio abeto do Nadal. Ademais, acompañando estes elementos podemos ler Bo Nadal nas diferentes linguas oficiais do noso país.