Data de emisión: 17 outubro 2019

Oficios antiguos. Minero

CONSULTAR TARIFAS

Oficios antiguos. Minero

HISTORIA

OFICIOS ANTIGOS. MINEIROS

O oficio de mineiro é un dos máis perigosos, difícil e duro. O mineiro e a propia cultura que o rodea, teñen unha base común que fai que os mineiros e as zonas mineiras de todo o mundo compartan moitas similitudes.

Esta profesión é unha das máis antigas do mundo. Dende os inicios da civilización as persoas usaron pedras, cerámicas e máis tarde metais tomados da superficie terrestre para a fabricación de ferramentas e armas.

A mina máis antiga da que se ten constancia arqueolóxica, é a Cova do León en Suazilandia, que de acordo ás datacións polo método do carbono 14, ten unha idade de 43 000 anos.

Do que non hai dúbida é que os mineiros se enfrontan a unha combinación de circunstancias de traballo en constante cambio. Algúns traballan nun ámbito sen luz natural ou ventilación, creando ocos na terra mediante a eliminación de material e tratando de asegurar que isto non impacte de xeito inmediato nos estratos circundantes.

En España, a tradición mineira céntrase sobre todo en Asturias e León. Pero tamén no sur de España, como por exemplo as Minas de Riotinto.

Correos quere facer unha homenaxe a esta centenaria profesión, cun Prego Premium que amosa unha imaxe do traballo do mineiro. Unha imaxe escura e borrosa. Unha imaxe que pretende poñernos na pel do mineiro, do que ve cando está a desenvolver o seu traballo debaixo da terra. Unha pequena lámpada típica da minería, acompaña estes mineiros no seu labor.

O selo dedicado aos mineiros, está impreso con carbón, en clara alusión á mina deste mineral. O motivo principal do selo é o rostro de perfil dun mineiro, ataviado con dous dos elementos máis significativos desta profesión: o casco-lanterna e o pico co que chegan ás entrañas da terra.

O castelo do pozo de Santa Bárbara completa o deseño do selo. O Pozo Santa Bárbara, construído para a extracción de mineral de carbón, está situado no val de Turón, Mieres. Foi declarado Ben de interese cultural o 29 de outubro de 2009 e é un dos símbolos máis representativos da minería española.