Data de emisión: 19 marzo 2019

Patrimonio Mundial. Ávila

CONSULTAR TARIFAS

Patrimonio Mundial. Ávila

HISTORIA

PATRIMONIO MUNDIAL. ÁVILA.

Este ano Ávila é a protagonista da serie Patrimonio Mundial, cunha folla bloque cuxo selo representa unha moeda que tamén será posta en circulación.

O gravado da moeda representa algunha das torres da muralla de Ávila, unha das iconografías máis famosas da cidade.

O selo está enmarcado nunha magnífica calcografía sobre un detalle da cidade, na que se pode ver parte da muralla e algún dos seus edificios máis emblemáticos, como a catedral de Cristo Salvador.

En 1985 Ávila entrou na lista de cidades Patrimonio Mundial da UNESCO, entre outras cousas polo seu ben facer na conservación dos seus edificios, polo seu exemplo de cidade fortificada, a súa cantidade de monumentos civís e “ser un exemplo sobresaínte dun tipo de construción, de conxunto arquitectónico que ilustre unha etapa significativa da historia...".

Ávila está situada xunto ao río Adaja e ten a particularidade de ser a provincia máis alta de España, ao estar a 1.131 metros sobre o nivel do mar.

Pero se Ávila é famosa por algo é pola súa muralla medieval completa, de estilo románico, pola que se pode pasear case na súa totalidade.

Tamén, a súa zona antiga de orixe medieval se encontra moi ben conservada, o que fai que pasear polas súas rúas nos traslade a épocas anteriores.

As xemas de Santa Teresa, a calidade das súas carnes ou as patacas revolconas convidan o visitante a degustar as súas tradicións e valores gastronómicos, que fan desta cidade un destino do máis atractivo e apetecible.

Cada ano con esta serie, Correos quere percorrer a través dos selos eses recantos de España que teñen a honra de ser Patrimonio Mundial.

Os selos e as moedas teñen a habilidade de viaxar arredor do mundo e, grazas a iso, convértense en auténticos escaparates daqueles países que os emiten, nesta ocasión, será Ávila quen viaxe a través deles.

Carmen Álvarez Casanova