Data de emisión: 02 outubro 2019

Personajes. 150 aniv. nacimiento de Mahatma Gandhi

CONSULTAR TARIFAS

Personajes. 150 aniv. nacimiento de Mahatma Gandhi

HISTORIA

PERSONAXES. 150 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE MAHATMA GANDHI

Cada ano, o 2 de outubro a India celebra o aniversario do nacemento de Gandhi, que naceu ese día no ano 1869 en Porbandar. Polo tanto, este ano cúmprense 150 anos dende o seu nacemento e Correos dedícalle un selo a este ilustre personaxe.

O selo amosa a través dunha acuarela un retrato de Gandhi cos seus característicos lentes e un leve sorriso. Detrás del, a bandeira da India. Diante, a silueta de catro mulleres ataviadas co típico sari indio de vivas cores.

Mohandas Karamchand Gandhi foi un activista e avogado indio, coñecido por loitar polos dereitos da poboación india. Os seus métodos eran a resistencia pacífica e a non violencia. Fillo do primeiro ministro de Porbandar e de Putlibai, foi educado no respecto e a tolerancia.

O sobrenome de Mahatma, polo que era coñecido, deullo o poeta indio Tagore e tradúcese como “alma grande”.

Contratado como avogado en Sudáfrica, foi alí, nese país, onde sentiu a discriminación racial cara aos indios e cara a el mesmo. Tivo coñecemento de que de que se estaba a redactar unha lei que prohibiría votar aos cidadáns indios. Nese momento comezou a súa loita polos dereitos civís dos indios no país africano e fundou o Partido Indio do Congreso de Natal co que comezaron a manifestarse en contra da discriminación e a desigualdade. Os seus métodos de protesta foron a non violencia e a resistencia pacífica.

Regresou á India en 1915 onde xa era moi coñecido pola súa loita. Cambiou o seu xeito de vestir occidental pola típica do seu país adoptando costumes e estilo de vida tradicionais. En febreiro de 1919, manifestouse ao lado de Gran Bretaña na Primeira Guerra Mundial. Porén, pronto pasou a liderar a oposición contra os británicos ao coñecer o proxecto de Lei Rowlatt. Mahatma Gandhi estivo en prisión en varias ocasións ao longo da súa vida polas protestas que dirixiu. Tras o fin da II Guerra Mundial, a India dividiuse entre indios e musulmáns, producíndose fortes enfrontamentos que Gandhi intentou frear, algo que lle provocou a morte, sendo asasinado en 1948.