Data de emisión: 29 marzo 2019

Personajes. Mariano Bertuchi Nieto

CONSULTAR TARIFAS

Personajes. Mariano Bertuchi Nieto

HISTORIA

PERSONAXES. MARIANO BERTUCHI NIETO

Mariano Bertuchi Nieto (Granada, 1884 – Tetuán, Marrocos, 1955), pintor precoz, dende os seus inicios foi receptivo á estética pictórica africanista, que o levará a unha completa simbiose coa luz, as cores, os horizontes, as xentes, os lugares, etc., da beira sur do estreito de Xibraltar: Ceuta e norte de Marrocos. Neste último lugar dedicou gran parte da súa vida ao servizo da Administración española durante o protectorado, pois desempeñou os cargos, entre outros, de inspector dos Servizos de Belas Artes e director da Escola de Artes e Oficios de Tetuán e da Escola Preparatoria de Belas Artes.

A luz e o espazo humano do mundo que o rodea serán os principais protagonistas da súa obra, xa foren óleos, acuarelas, debuxos, etc. Dos seus pinceis saíron todos os deseños de selos propios do correo xalifiano marroquí (1928-1955), ademais doutros signos fiscais, telegráficos, benéficos; tamén deseñou selos para España, Ifni e Sáhara. Todo iso convertérono nuns dos principais deseñadores filatélicos españois.

Mariano Bertuchi fixo dos seus selos pequenas ventás ás que se asomaron os españois e coñeceron a próxima e diaria realidade marroquí, tantas veces esquiva. Ademais, foi consciente da poderosa capacidade do selo de correos como vehículo de propaganda. Así, os deseños postais da súa primeira etapa estiveron dedicados a resaltar as belezas patrimoniais e artísticas do territorio cunha clara finalidade turística. A partir de 1944, os selos plasmaron as ricas tradicións artesás e culturais do norte marroquí a xeito de cadros costumistas e etnográficos que daban a coñecer a “alma de Marrocos”.

Correos quixo homenaxear a Mariano Bertuchi destacando a súa faceta de deseñador de selos a través dunha emisión que simula os despregables das tarxetas postais, polo que se imprimiu tanto no anverso coma no reverso. No anverso, e ilustrando o selo, hai unha fotografía do pintor no seu estudio tetuaní (©Sucesión Mariano Bertuchi Nieto) no que aparece un cabalete coa reprodución dun selo de 1928 deseñado por el mesmo; as tres pas seguintes correspóndense co tríptico ceutí “Comercio, Agricultura e Industria” (©Museo de Ceuta).

No reverso aparece outro selo deseñado no seu momento por Mariano Bertuchi (emisión xalifiana 1928), onde aparece a fortaleza de Larache e nas pas seguintes diversos modelos de tarxetas enteropostales con debuxos á pluma do artista.