Data de emisión: 03 febreiro 2020

12 meses, 12 sellos. Araba/Álava

CONSULTAR TARIFAS

12 meses, 12 sellos. Araba/Álava

HISTORIA

12 MESES 12 SELOS.ARABA/ÁLAVA

A serie 12 Meses, 12 Selos dedica o efecto correspondente ao mes de febreiro á provincia de Araba/Álava, compoñendo as iniciais do topónimo con diferentes imaxes que amosan a riqueza turística que é capaz de ofrecer a provincia.

A primeira letra toma a forma da torre campanario da catedral de Vitoria-Gasteiz, consagrada a Santa María, cuxa planta octogonal rematada por un chapitel, se eleva sobre a cidade ofrecendo a devotos e viaxeiros unha espléndida panorámica da cidade. O templo, encadrado dentro da orde gótica, eríxese sobre os restos dunha igrexa do século XIII que formaba parte da muralla que protexía a poboación.

A copa de viño da segunda inicial simboliza o territorio domesticado polo cultivo de viñedos, que ofrece a riqueza enolóxica que constitúen as dúas denominacións de orixe que atesoura a provincia, a de Rioja Alavesa e a de Txakolí de Álava. A primeira ofrece tintos de aroma fino e sabor afroitado elaborados a partir de uvas tempranillo, garnacha, mazuelo, graciano e viura. A segunda, ofrece o característico viño branco do País Vasco, de graduación moderada, afroitado e cun leve toque de acidez que se elabora coa variedade autóctona de uva hondarribi zuri e cuxa produción se localiza nas zonas de Amurrio, Llodio e Ayala.

A natureza montañosa ofrece pola súa banda numerosas rutas de sendeirismo que percorren os numerosos parques naturais que salpican a provincia como Valderejo, Izki, Aizkorri-Aratz, Urkiola ou o Gorbeia cuxo cume de 1.482 metros sobre o nivel do mar está coroado dende 1899 pola súa característica cruz metálica, como se pode apreciar na imaxe da segunda inicial.

De fondo aos grafemas, a paisaxe fantástica que ofrece o Val Salado de Añana, formado pola armazón de canalizacións, eiras e terrazas a diferente nivel, cubertas de sal.

A cor carmesí da banda inferior do selo correspóndese coa cor da bandeira da provincia.