Data de emisión: 02 marzo 2020

12 meses, 12 sellos. Ceuta

CONSULTAR TARIFAS

12 meses, 12 sellos. Ceuta

HISTORIA

12 MESES, 12 SELOS. Ceuta

Ceuta, Cidade Autónoma que se erixe entre as columnas de Hércules como porta do continente europeo en África e como baluarte do estreito que comunica o Mediterráneo co océano Atlántico, é unha poboación cunha personalidade única, forxada na convivencia das comunidades cristiá, musulmá e hebrea á que se incorporou nos últimos anos, a hindú.

No motivo do selo pódese apreciar algúns dos elementos máis característicos da cidade, como o arco, que dando forma á letra C, forma parte dos baños árabes edificados entre os séculos XII e XIII.

Na mesma letra apréciase tamén o minarete da mesquita de Muley El Mehdi, inaugurada polo Estado Español en 1940.

Formando parte da letra E, apréciase en primeiro lugar a torre campanario da catedral da Nosa Señora da Asunción, construída a finais do século XVII sobre os restos de edificacións anteriores.

Na mesma letra apréciase o peixe en salgadura, os chamados “volaores”, cuxa elaboración artesanal comezou hai 3.000 anos da man de fenicios e romanos, transmitíndose entre xeracións ata a actualidade.

Tamén se pode apreciar o gorrillo ou chapirí característico do uniforme da lexión española, que tivo en Ceuta a súa fragua e o seu berce, dende a súa fundación en 1920 por José Millán-Astray co nome de “Terzo de Estranxeiros”. Actualmente atópase despregado o 2º Terzo “Duque de Alba” no acuartelamento Serrallo-Recarga.

Cimentando ambas as dúas letras, encóntrase o Conxunto Monumental das Murallas Reais, construídas en 1415 polos portugueses sobre a anterior muralla árabe e constituída por varias liñas defensivas compostas por baluartes, murallas ameadas, unha praza de Armas e un foso navegable.

De fondo ás dúas iniciais, apréciase o patio da Facultade de Educación, Economía e Tecnoloxía de Ceuta, cuxo 85 aniversario cumpre este mesmo ano.

A cor branca da banda inferior correspóndese coa cor da bandeira de Ceuta.