Data de emisión: 01 outubro 2020

12 meses, 12 sellos. Palencia

CONSULTAR TARIFAS

12 meses, 12 sellos. Palencia

HISTORIA

12 MESES 12 SELOS. PALENCIA

A provincia de Palencia recibe o selo da serie Doce Meses, Doce Selos, coa inicial da provincia formada por un mosaico de imaxes que resumen a arte, a arquitectura, a natureza e a gastronomía que se poden gozar na provincia.

O selo, ten como fondo unha imaxe do Canal de Castilla, un dos proxectos máis importantes da enxeñaría civil da España Ilustrada, iniciado a mediados do século XVIII polo Marqués da Enseada, durante o reinado de Fernando VI. O proxecto buscaba unha vía fluvial de comunicación e transporte para solucionar o illamento que sufría a meseta castelá e leonesa. É en boa medida navegable, ofrecéndose paseos en barco dende Herrera de Pisuerga no barco Marqués de la Ensenada, cuxos pasamáns e aros salvavidas pódense apreciar no selo.

Unha imaxe do Cristo del Otero ocupa o trazo vertical do grafema. Obra do escultor Victorio Macho, foi construída en 1931, e dende os seus máis de 20 metros de altura, beice a cidade dende un outeiro próximo.

O románico palentino non podía faltar nesta composición, representado polo capitel e fuste do Mosteiro de San Andrés de Arroyo e por un detalle do arco da portada Igrexa de Santa Eufemia de Cozuelos. O Mosteiro, unha abadía de monxas cistercienses, foi fundado en 1181 pola condesa Dona Mencía de Lara, e é un exemplo refinado da arte cisterciense rural.

A igrexa de Santa Eufemia de Cozuelos, situada no termo de Olmos de Ojeda, alberga vestixios mozárabes, que datan as orixes do templo no século X. A edificación actual é do século XII, sendo os únicos restos do que fora Real Mosteiro de Freiras Comendadoras de Santiago.

Os mosaicos que se poden apreciar acompañando no seu trazo vertical ao Cristo del Otero, pertencen á Vila Romana La Olmeda, unha gran mansión rural do Baixo Imperio (s. IV d.C) descuberta en 1968, con varios mosaicos polícromos que lograron conservarse in situ.

A gastronomía que se pode degustar na provincia, está representada polo prato típico do año de leite palentino, o asado de cordeiro de leite da raza autóctona churra.

A banda inferior do selo de cor morada, correspóndese coa cor da bandeira da provincia.