Data de emisión: 30 xuño 2020

150 Aniversario del Real Club de Regatas de Santander

CONSULTAR TARIFAS

150 Aniversario del Real Club de Regatas de Santander

HISTORIA

150 ANIVERSARIO DO REAL CLUB DE REGATAS DE SANTANDER

Durante a segunda metade do século XIX, os fillos dos grandes comerciantes, de navieiros e consignatarios comezaron a reunirse en faladoiros relacionados coas excursións que realizaban a El Astillero e o río Cubas.

Lideradas por Martín Ruiz Marqués e formada por máis de corenta tertulianos, o 28 de maio de 1870 decidiron fundar o Club de Regatas de Santander.

Tivo a súa primeira sede no número 11 do Peirao ata que se trasladaron á súa actual sede na praza de Pombo, no único pazo do século XVIII que hai no centro urbano, construído en 1884 seguindo o proxecto do arquitecto Atilano Rodríguez e que constitúe unha mostra singular do patrimonio arquitectónico da cidade.

En 1893 organizouse a primeira regata de vela en España que tiña como premio o trofeo coñecido como La Copuca, ata que en 1899 o balandro Lin puido quedar coa copa xa que a gañara en tres ocasións. Tras isto, o club poñería en xogo un novo trofeo, a Copa Gallo, unha copa de prata doada por Manuela Bustamante, viúva de Gallo. Nesta ocasión a devandita copa non sería obtida en propiedade por ningunha embarcación, sen importar o número de vitorias. O balandro Sidora III foi o primeiro vencedor da competición, que se mantivo ata 1917.

En 1927 o Real Club de regatas escindiuse e creouse o Real Club Marítimo de Santander sendo Alfonso XIII o seu presidente de honor. Foi este novo club quen organizou dende entón as regatas e as actividades deportivas.

Hoxe en día dedícase a celebrar actividades culturais e de recreo para os seus socios que poden gozar das súas instalacións como a marabillosa biblioteca, a hemeroteca ou da sala de exposicións.

O selo co que Correos quere celebrar o 150 aniversario da fundación do Club de Regatas de Santander, presenta a imaxe dunha embarcación de vela que, ao mover o selo, grazas á súa impresión lenticular con movemento, navega sobre o mar santanderino.