Data de emisión: 10 novembro 2020

Arquitectura urbana. Hipódromo de la Zarzuela

CONSULTAR TARIFAS

Arquitectura urbana. Hipódromo de la Zarzuela

HISTORIA

ARQUITECTURA URBANA. HIPÓDROMO DA ZARZUELA

O selo dedicado á Arquitectura Urbana, neste caso, ao Hipódromo da Zarzuela, está enmarcado nunha folla bloque en formato díptico, que desprega nun pop-up unha reprodución da cuberta das bancadas deste recinto.

Son estas bancadas, un dos elementos máis destacados desta construción pola súa cuberta, feita con láminas de formigón armado en forma de hiperboloides, que con só 5 centímetros de espesor no extremo dos beiriles, soportan todos os elementos sen reforzos simplemente cunha ancoraxe posterior.

Esta cuberta é un dos motivos fundamentais para converter o Hipódromo en Patrimonio da Humanidade.

O Hipódromo da Zarzuela, que se atopa situado no monte da Zarzuela, foi deseñado polos arquitectos Carlos Arniches, Martín Domínguez e polo enxeñeiro Eduardo Torroja. A construción do Hipódromo comezou en 1935, aínda que non se inaugurou ata maio de 1941, debido á Guerra Civil.

É destacable a actuación de Eduardo Torroja, que conseguiu integrar o conxunto na paisaxe e unificar as diferentes dependencias que constitúen o hipódromo, respectando á vez as necesidades funcionais que lle formularan.

É a súa obra máis coñecida internacionalmente e constitúe un importante expoñente vangardista, así como un referente nas investigacións tecnolóxicas sobre novos materiais para a construción.

O Hipódromo de La Zarzuela, declarado Ben de Interese Cultural en 2009, foi restaurado por Junquera Arquitectos co obxectivo de recuperar os valores esenciais do proxecto, as obras finalizaron en 2015.

O selo que Correos dedica ao hipódromo madrileño, como adianto ademais ao seu 80 aniversario que celebrará en 2021, representa un momento das carreiras de cabalos que aínda hoxe en día se seguen a celebrar nas súas instalacións.

O Hipódromo da Zarzuela é unha das atraccións máis destacadas de Madrid. Pola súa pista corren os mellores purosangues e os seus premios atraen os grandes jockeys do país.