Data de emisión: 28 setembro 2020

Arquitectura urbana. Wanda Metropolitano

CONSULTAR TARIFAS

Arquitectura urbana. Wanda Metropolitano

HISTORIA

ARQUITECTURA URBANA

Instalacións Deportivas. Wanda Metropolitano

Neste 2020 dáse comezo a serie dedicada á ARQUITECTURA URBANA por todas as implicacións que esta arquitectura ten hoxe en día, como agrupar o sentido práctico da construción, o estilo e o deseño sendo moitas veces faro da innovación e da arte.

A arquitectura urbana distínguese polos seus espazos multifuncionais e a importancia da mellora da calidade do ambiente, a saúde das persoas ou o uso das enerxías renovables, entre outras.

A serie que se inaugura cun selo dedicado a Instalacións deportivas céntrase no Wanda Metropolitano, o novo estadio dun dos grandes equipos de fútbol de Madrid o Atlético de Madrid.

Ao longo dos 117 anos de vida do Atlético de Madrid cinco estadios forxaron a historia dun dos clubs máis importantes de España. Estes estiveron situados en lugares claves da cidade de Madrid converténdose na casa da familia vermella e branca.

Podemos nomear rapidamente os predecesores deste espectacular estadio: Campo del Retiro (1903-1913); Campo de O´Donnell (1913-1923); Stadium Metropolitano (1923-1966); Estadio Vicente Calderón (1966-2017).

O 16 de setembro de 2017 inaugurouse o Wanda Metropolitano sendo un estadio moderno, sostible e construído respondendo aos máis altos estándares de confort e seguridade para ofrecer a mellor experiencia para todos os seus visitantes. É un edificio de formigón que ten un dobre cromatismo: o gris claro do formigón e o branco da cuberta, a excepción do caneiro vermello que a bordea. A cuberta está formada por 46.500 metros cadrados de superficie de fibra de vidro e politetrafluoroetileno que se sitúa a unha cota máxima de 57 metros sobre o terreo de xogo.

A estrutura ten a particularidade de que non é horizontal senón que ten diferentes alturas o que dá lugar a un formato de onda, moi icónico e espectacular.

O proxecto tivo moi en conta o aforro de enerxía e o respecto do medio.

Ademais de albergar os partidos do primeiro equipo e acoller a final da Champions League de 2019, o complexo está concibido para dar cabida a todo tipo de eventos: reunións, conferencias,….
A capacidade aproximada do novo estadio é de 68.000 espectadores, o 96 % a cuberto. O club decidiu primar a amplitude, a comodidade e a seguridade dos seguidores fronte á opción dunha maior capacidade.

O selo recolle unha vista aérea do estadio completa sobre un fondo coas cores vermella e branca características do Atlético de Madrid. O selo preséntase nun prego premium onde se recolle a historia dos seus 5 estadios e o escudo do equipo.