Data de emisión: 04 febreiro 2020

Capital Española de la Gastronomía 2020. Murcia

CONSULTAR TARIFAS

Capital Española de la Gastronomía 2020. Murcia

HISTORIA

CAPITAL ESPAÑOLA DA GASTRONOMÍA 2020. MURCIA

A horta murciana é a protagonista deste selo cheo de cor e vitalidade. “A Horta dos 1.001 sabores”, lema co que Murcia se fixo co galardón, toma o relevo a Almería quen ostentou este título o pasado ano, sendo motivo principal tamén da serie filatélica Capital Española da Gastronomía, que Correos vén emitindo dende hai anos.

Con esta serie, Correos pon en valor a gastronomía das distintas cidades españolas que, cada ano, se presentan con entusiasmo e poñendo o mellor de si, para facerse con este galardón.

Durante o 2020, Murcia ofrecerá multitude de actividades relacionadas coa restauración como talleres, concursos ou degustacións, que se converterán, nunha oferta turística do máis atractiva.

O zarangollo, o cordeiro asado, os michirones, a ensalada murciana ou o paparajote, son algúns dos pratos da oferta culinaria desta cidade que, xunto ás súas denominacións de orixe, entre elas, viños de Yecla, o arroz de Calasparra ou a pera de Jumilla, fixeron que o xurado se decantase por este lugar.

O selo está protagonizado por froitas e verduras. A Rexión de Murcia, é coñecida como “a horta de Europa” polo gran número de exportacións destes produtos que se realiza á maioría dos países europeos.

Os tomates, as uvas, as coles ou as cenorias, son os grandes protagonistas desta horta que cada ano move mercadorías por valor de 3.000 millóns aproximadamente.

Estes produtos enchen de cor un selo que ten como motivo principal un garfo e unha culler entrelazados formando un corazón.

O lema “A Horta dos 1.001 sabores” completa o deseño dun selo que se suma a outros anteriores como os dedicados a cidades como Toledo, Huelva ou León, e que viaxará polo mundo sendo un pequeno escaparate da gran gastronomía española, neste caso da gastronomía murciana.