Data de emisión: 01 outubro 2020

COVID-19

CONSULTAR TARIFAS

COVID-19

HISTORIA

COVID-19

Dúas mans enlazadas, dando e recibindo apoio. Acompañando, escoitando, sento a calor, o medo, a incerteza. Ese é o selo co que Correos rende unha merecida homenaxe ás persoas que estiveron e están en primeira liña da pandemia provocada polo COVID-19. Tamén, se quere recordar a todos aqueles que non o puideron superar e por suposto, aos que o padeceron e gañaron a batalla.

Hai uns meses unha ameaza que ninguén podía imaxinar, irrompeu nas nosas vidas paralizando ao mundo, encerrándonos na casa separados dos nosos seres queridos e rompendo a nosa normalidade.

Un virus cun tamaño que supón unha milésima parte dun cabelo humano, paralizou a poboación mundial rompendo as barreiras económicas, e o que é máis grave, provocando a morte de centos de miles de persoas en todo o mundo.

Dende o inicio da pandemia, os españois foron todo un exemplo de comportamento e solidariedade. Comezando polos sanitarios que traballaron sen descanso, expostos ao contaxio, quedando moitos deles no camiño; os denominados “esenciais”: traballadores de tendas de alimentación e provedores, persoal de limpeza, do transporte, servizos postais, persoal asistencial, empregados de banca, tecnolóxicos, do sector da enerxía, medios de comunicación, forzas e corpos de seguridade do estado, bombeiros e un longo etcétera, estiveron ao pé do canón para que o resto dos cidadáns tivesen cubertas as súas necesidades.

Non hai que esquecer tampouco a cadea de solidariedade que estalou dende o inicio. Coma sempre, os españois non esqueceron os máis vulnerables, formando mareas solidarias nas que, por exemplo, grandes xefes de cociña xunto con empresas como Correos, fixeron chegar comida a aqueles que máis o precisaban. Particulares e pequenos empresarios puxeron todo da súa parte para que, na medida do posible, este virus non nos danase en demasía.

A folla bloque contén un selo que representa a man para estar unidos pero tamén ás mans de aplauso para dar as grazas.