Data de emisión: 14 maio 2020

Día Mundial de concienciación sobre el Autismo

CONSULTAR TARIFAS

Día Mundial de concienciación sobre el Autismo

HISTORIA

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O autismo é unha afección neurolóxica permanente que se manifesta na primeira infancia, independentemente do xénero, a raza ou a condición social e económica.

A estigmatización e a discriminación asociadas á diversidade no ámbito neurolóxico seguen a ser os principais obstáculos para o diagnóstico e o tratamento.

Por iso, é realmente importante dedicar un día á concienciación sobre esta afección e conseguir así unha sensibilización xeral.

Con este obxectivo, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

As Nacións Unidas leva apostando toda a súa historia por dar visibilidade á diversidade e promovendo o respecto dos dereitos e o benestar das persoas con discapacidade.

Este ano, a celebración deste día, entre outras cousas, centrarase en impulsar o uso das tecnoloxías de apoio para as persoas con autismo e conseguir así unha maior participación na sociedade eliminando posibles barreiras que dificultan esta cuestión.

As persoas con trastornos do espectro autista teñen no acceso ás tecnoloxías un grande apoio para desenvolver aspectos importantes da súa vida diaria así como involucrarse e participar na súa comunidade.

Se ben é certo que os avances tecnolóxicos se levan a cabo a gran velocidade, aínda son moitas as dificultades que encontran estas persoas para acceder a estas tecnoloxías de apoio, ben polo alto custo, ben pola falta de dispoñibilidade dos elementos ou a escasa formación sobre o seu uso.

Por todo iso e para axudar á concienciación sobre todos estes aspectos, Correos emite un selo cuxo motivo ilustrativo baséase na campaña oficial desta conmemoración, onde cunha aprendizaxe o autista pode traballar en calquera campo e actividade profesional.