Data de emisión: 02 setembro 2020

Diarios Centenarios. 100 años de la Gaceta de Salamanca

CONSULTAR TARIFAS

Diarios Centenarios. 100 años de la Gaceta de Salamanca

HISTORIA

DIARIOS CENTENARIOS. La Gaceta Regional de Salamanca

Un venres 20 de agosto do ano 1920, nace o rotativo La Gaceta Regional, co subtítulo Diario de Salamanca, quedando patente dende a súa orixe a vocación de ser un medio de información ao servizo da cidade e a provincia. Un medio que, ao longo do seu século de vida, foi notario fiel dos acontecementos que sucedían en Salamanca, pero tamén en España e en Europa, o que se reflectiu no motivo do selo que conmemora o seu centenario de vida. Desta forma, rodeando a cabeceira, aparecen exemplares dos seguintes anos: 1920, ano da súa fundación; 1945, fin da Segunda Guerra Mundial; 1978, promulgación e aprobación da Constitución española e 1989, ano da caída do muro de Berlín.

A tirada do primeiro número foi de dous mil exemplares que, ao prezo de dez céntimos cada un, saíron á rúa ás seis e media da tarde, subliñando deste xeito o carácter vespertino de La Gaceta, que foi vendido nas rúas de Salamanca á voz de Saíu La Gaceta!

Comezou a tirarse nas rotativas situadas na antiga igrexa de San Isidro e, na súa primeira plana, o primeiro director de La Gaceta, Buenaventura Benito, expoñía o manifesto fundacional do xornal baixo o titular A nosa Fe de vida, cuxa declaración de principios respondía á vontade dun grupo de empresarios salmantinos xunto ao banqueiro Matías Blanco Cobaleda, quen deu o apoio económico ao diario para dar voz a un amplo sector social de sensibilidade católica e monárquica, quedando patente a súa orientación tradicional e conservadora. Esta orientación política, xunto coa vontade de facer un xornal de noticias como dicía o seu lema coa maior cantidade de información na provincia de Salamanca, marcaba o contrapunto ante o seu rival, El Adelanto, cuxo corte máis liberal ofrecía unha maior inclinación cara á tribuna de opinión.

Queda para o recordo e a historia de La Gaceta Regional algúns dos seus primeiros directores que marcaron a traxectoria da cabeceira, como Jose M.ª Gil-Robles, Juan Aparicio López ou Francisco Bravo Martínez, ou de xornalistas como Francisco Casanova.

Concluía a súa primeira tribuna Buenaventura Benito dicindo: “Chegaremos onde se poida; os desexos de cantos contribuímos á saída da Gaceta Regional son de vasto alcance” do que dá fe pública, no seu centenario, o presente selo.