Data de emisión: 24 xullo 2020

Efemérides. 30 aniversario de Tragsatec

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. 30 aniversario de Tragsatec

HISTORIA

EFEMÉRIDES. 30 Aniversario de Tragsatec

Tragsatec é unha filiai do Grupo Tragsa que ofrece unha variada gama de servizos dedicados ao medio, infraestruturas, saúde, enxeñaría, consultoría e asistencia tecnolóxica.

A orientación tecnolóxica que ofrece Tragsatec aos seus proxectos, permítelle ofrecer servizos de consultoría técnica avanzada, con solucións tecnolóxicas de vangarda utilizando Sistemas de Información Xeográfica, desenvolvendo plataformas web e aplicacións para crear e xestionar bases de datos e sistemas telemáticos.

Traballa a nivel nacional con todas as administracións do Estado, xa sexa locais, centrais ou autonómicas, empregando preto de 4.500 persoas. O equipo humano especializado e unha rede extensiva de oficinas permítelle ao grupo responder rapidamente e de xeito efectivo a calquera requirimento do Goberno

A súa creación realizouse tras un acordo do Consello de Ministros do 2 de xuño de 1989, constituíndose de forma definitiva o 13 de febreiro de 1990.

O motivo do selo reproduce, xunto ao logotipo do trixésimo aniversario da compañía, un dron sobrevoando unha braña, manexada por un operario de Tragsatec, simbolizando a aplicación da tecnoloxía máis actual para a protección do medio.