Data de emisión: 14 maio 2020

Efemérides. 75 aniversario del Decreto de creación del DNI

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. 75 aniversario del Decreto de creación del DNI

HISTORIA

EFEMÉRIDES. 75 Aniversario do Decreto do DNI

Unha fotografía, unha pegada dixital, unha sinatura e un número de identificación único e persoal son os elementos que caracterizaron o Documento Nacional de Identidade, un documento que na súa creación, por un decreto do 2 de marzo de 1944, provocou receos entre a cidadanía pero que actualmente se converteu nun dos documentos máis versátiles, eficientes e prácticos cos que conta un español para ser identificado como cidadán e co que se pode relacionar de xeito eficaz coa Administración do Estado.

Tal como se indicaba no preámbulo do decreto, o DNI pretendía substituír a Cédula Persoal como elemento de identificación, así como outros documentos que xa existían como a Tarxeta de Identidade Postal que expedía Correos para identificar destinatarios e que permitía realizar outros trámites coa Administración Postal.

A súa expedición e distribución encomendouse á Dirección Xeral de Seguridade, que non puido implantar o documento ata 1951 debido á situación política e social da posguerra. O primeiro deseño foi adxudicado a Aquilino Rieusset, estando vixente ata 1961. En 1962 cambiou o formato, que incorporou o grupo sanguíneo e o estado civil.

En 1985 adxudícase a fabricación do DNI á Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, que xunto coa Dirección Xeral de Policía, garantían a súa expedición.

Ao longo dos anos 90 informatízase a súa produción e incorpóranse as primeiras medidas de alta seguridade, redúcese o seu tamaño e elimínase a impresión dactilar. En 1996 incorporouse a fotografía en cor e a partir do ano 2000 expídese nas linguas cooficiais do Estado.

As novas tecnoloxías incorpóranse ao documento a partir de 2006, cando se integra un chip que permite a conexión a servizos telemáticos.

En 2015 aparece a versión electrónica, chamado tamén DNI 3.0, en cuxo deseño se incluíron dúas antenas, unha de radiofrecuencia e outra con tecnoloxía NFC que permite a súa utilización con aplicacións de telefonía móbil.

A presente emisión reproduce de xeito fiel o último modelo de DNI, imitando mesmo o papel plastificado deste.