Data de emisión: 13 setembro 2020

Efemérides. Congreso Mundial de Farmacia. Sevilla 2021

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. Congreso Mundial de Farmacia. Sevilla 2021

HISTORIA

EFEMÉRIDES. CONGRESO MUNDIAL DE FARMACIA E CIENCIAS FARMACÉUTICAS. SEVILLA 2021

Este 2020 a incerteza forma parte da nosa vida, debido á Covid-19. Este virus tamén afectou á Filatelia e ás emisións de selos, e nesta ocasión os organizadores do Congreso Mundial de Farmacia e Ciencias Farmacéuticas previsto para o mes de setembro de 2020 víronse na obriga de adiar o mesmo ata o 2021. Do 12 ao 16 de setembro de 2021 Sevilla acollerá tanto o congreso mundial como nacional reunindo máis de 5.000 congresistas procedentes de máis de 100 países.

Citando o presidente da Federación Internacional Farmacéutica, Dominique Jordan: “a pandemia puxo de relevo o importante que é para os farmacéuticos de todo o mundo compartir coñecementos e experiencias, por iso agardo con ganas o 2021, cando todos nos poidamos reunir en Sevilla para seguir avanzando na nosa profesión e na súa contribución á saúde mundial”.

As sedes serán o Pazo de Congresos e Exposicións de Sevilla (FIBES II) onde haberá un interesante e denso contido científico, con variedade de actos e eventos profesionais.

Medicamenta non mella:‘os medicamentos non son mel’, frase atribuída a Plinio el Viejo e que conforma o lema da Real Academia de Farmacia, define o traballo e paixón dos farmacéuticos dende a súa orixe:coñecer en profundidade os medicamentos para garantir a súa correcta fabricación, almacenamento e dispensa.

O farmacéutico é o verdadeiroespecialista do medicamentoe desenvolve o seu labor en moitos ámbitos de actuación. Neste sentidoa farmacia converteuse nun centro asistencial de primeira necesidade ao que as persoas acoden para facer consultas de saúde.

Ademais destes labores non abandonan outros como a investigación e a docencia, no coidado da saúde pública e as alertas sanitarias, na dispensa de medicamentos nos hospitais –farmacia hospitalaria-, na distribución dos medicamentos ou na realización de probas analíticas.

A día de hoxe, con máis de 70.000 farmacéuticos colexiados en España, queremos salientar o seu labor na alerta sanitaria producida pola Covid-19 xa que foron un sector clave para a poboación.

O selo preséntase en pregos de 25 selos nos que no fondo, de cor verde claro, aparece a torre da catedral de Sevilla co Giraldillo no seu cumio, motivo que tamén aparece no selo aínda que neste caso, o selo presenta unha forma de cruz verde típica das Farmacias, ademais do logo do colexio de Farmacéuticos.