Data de emisión: 09 xuño 2020

Efemérides. Constructores de Europa. Robert Schuman

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. Constructores de Europa. Robert Schuman

HISTORIA

CONSTRUTORES DE EUROPA. ROBERT SCHUMAN

O desexo dunha Europa pacífica, unida e próspera foi o obxectivo común dun grupo de visionarios que creron nun proxecto magnánimo que hoxe coñecemos como Unión Europea.

Moitos deles comezaron xogando un papel moi importante nos seus países de orixe para logo trasladar ese papel á construción dunha Europa unida que camiñase a este son.

Correos emiten un selo que quere homenaxear aos coñecidos como “Pais de Europa”: Konrad Adenauer, Jean Monnet, Winston Churchill, Robert Schuman, Alcide de Gasperi, Paul-Henri Spaak, Walter Hallstein e Altiero Spinelli.

Estas persoas loitaron e traballaron duro para conseguir unha comunidade internacional que fixese fronte ás potencias mundiais, sobre todo, en materia económica, pero tamén, en materia social e cultural.

O selo está dedicado nesta ocasión a Robert Schuman. Estadista e importante home de leis, foi ministro de Asuntos Exteriores de Francia entre os anos 1948 e 1952.

Xunto co seu compatriota Jean Monnet, deseñou e elaborou o celebremente coñecido como Plan Schuman, do que este ano se celebra o seu setenta aniversario, e que deu comezo ao nacemento da Unión Europea.

Entre as súas propostas, incluía o control conxunto da produción de carbón e aceiro, nese momento as materias primas máis importantes para a industria armamentística.

De aí xurdiu a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro, a CECA.

Schuman foi tamén o primeiro presidente da Asemblea Parlamentaria Europea entre 1958 e 1960, precedente do actual Parlamento Europeo.

O selo amosa un cubo en tres dimensións coas cores de Europa e que debuxa coas estrelas da súa bandeira o rostro de Robert Schuman.

Os 70 anos dende aquel acontecemento tan importante para a historia da humanidade, aparecen neste selo que celebra, hoxe máis que nunca, a importancia de ser europeos.