Data de emisión: 14 maio 2020

Europa. Antiguas Rutas Postales

CONSULTAR TARIFAS

Europa. Antiguas Rutas Postales

HISTORIA

EUROPA. Antigas Rutas Postais

Vertebrando dende a antigüidade reinos, estados e imperios, as rutas postais foron o elemento imprescindible que permitiu cohesionar gobernos e sociedades ao longo da historia. Antigas rutas comerciais, marcadas de postas e descansadeiros, permitiron a correos e mensaxeiros levar o correo superando as barreiras que impoñía a xeografía.

No noso país, as rutas remóntanse a tempos do Imperio Romano, os que aproveitaron anteriores rutas de tartessos, fenicios e pobos prerromanos para levantar a súa rede de calzadas onde circularía o correo oficial ou cursus publicus.

Durante os séculos do medioevo, a escasa circulación de correspondencia non logrou facer desaparecer por completo as comunicacións, cuxas rutas foron recuperándose coa expansión dos reinos cristiáns e o desenvolvemento do comercio e as cidades durante a Baixa Idade Media.

O Renacemento trouxo consigo o renacer das rutas postais grazas ao xenio de Francisco de Tassis, que logrou articular a primeira rede postal a nivel europeo e que Felipe El Hermoso soubo aproveitar nomeándoo Mestre de Postas, logrando deste xeito asentar un dos alicerces da Monarquía Hispánica.

A rede viaria que comezou a configurarse naquel momento encontrou o seu impulso nas reformas ilustradas que trouxo consigo a dinastía borbónica, na cal o ramo de Camiños incorporouse á Superintendencia de Correos e Postas e acondicionáronse e pavimentáronse algúns tramos de camiños, construíronse casas de posta e portádego e edificouse a Real Casa de Correos, quilómetro cero da rede de rutas postais que ao longo da época contemporánea configurarían a actual rede de estradas do Estado.

A presente emisión forma parte da serie Europa que emite PostEurop. Realizouse en formato Prego Premium onde a imaxe principal é unha icónica imaxe dun carteiro en bicicleta por unha ruta rural. O selo recolle a importancia das rutas no seu pasado que foi a base para un presente, representado en fragmentos de laterais de camiños e estradas ou de rutas antigas e trazados modernos de autovías e autoestradas.