Data de emisión: 28 outubro 2020

EXFILNA 2020. Cáceres

CONSULTAR TARIFAS

EXFILNA 2020. Cáceres

HISTORIA

EXFILNA 2020. CÁCERES

A Exposición Filatélica Nacional, coñecida como EXFILNA, organízase todos os anos dende 1963 e é o evento filatélico máis importante de España.

Patrocinada por Correos e organizada pola Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI), esta exhibición filatélica ten ademais un carácter competitivo.

Nas distintas categorías pode participar calquera coleccionista que pertenza a unha das sociedades que forman parte da FESOFI, así como coleccionistas portugueses cun máximo de dúas coleccións por participante.

Este ano, o lugar escollido foi Cáceres, non obstante, debido á Covid-19 este 2020 a EXFILNA celébrase de xeito virtual.

Como cada ano, Correos realiza unha emisión especial con motivo deste importante evento para o mundo filatélico.

A folla bloque que conmemora a EXFILNA 2020, inclúe unha vista exterior e un detalle dun dos frescos do Palacio de los Golfines.

Este pazo é o máis grande da cidade de Cáceres ocupando o espazo de case unha vintena de casas. A súa espectacular fachada une tres estilos arquitectónicos diferentes: o gótico, o renacentista e o plateresco.

Na fachada principal pódense ver dous escudos diferentes: o dos Reis Católicos, os cales elixiron este lugar como residencia cando visitaban a cidade, e o escudo dos Golfines suxeitado por dous anxos.

As imaxes que compoñen a folla bloque, en forma de despregable, están realizadas coa técnica de gravado a buril en recoñecemento ao traballo pausado e pormenorizado dos gravados tradicionais.

Esta emisión ten tamén unha peculiaridade que nos leva ao pasado co uso das sobreimpresións. As sobreimpresións realizábanse nos selos ou ben para marcar unha sobretaxa ou para engadir, como neste caso, unha sobreimpresión que afectaba ao deseño.

Neste caso o deseño modificouse cun sobreimpreso: “Exfilna virtual por COVID”.