Data de emisión: 12 xuño 2020

Humor gráfico. RICARDO

CONSULTAR TARIFAS

Humor gráfico. RICARDO

HISTORIA

HUMOR GRÁFICO

Este ano, a folla bloque está protagonizada por unha das impresionantes ilustracións do humorista gráfico Ricardo Martínez, RICARDO.

Un rinoceronte realizado coa técnica scratchboard, ten como corno unha caixa de correo de Correos que é o motivo principal do selo de Humor Gráfico. Unha caixa de correo na que podemos ver o seu personaxe de referencia Goomer que se dispón sorrinte a introducir unha carta pola rañura. Goomer foi o seu personaxe emblemático durante case 30 anos. Publicouse en El País, El Mundo, El Jueves... mesmo en Estados Unidos, India, Malaisia e outros países. Dese xeito o selo presenta a súa faceta de ilustrador e a de debuxante de historietas que, seguramente, é o que máis popularidade lle deu.

Nacido en Chile, fillo de emigrantes españois que en plena adolescencia se instalaría en España onde a finais dos setenta e principio dos oitenta se iniciou no mundo das ilustracións publicitarias.

Nesa época, xunto ao seu amigo Nacho (José Ignacio Moreno Cuñat), creou o cómic Goomer, publicado primeiro por El País e dende 1990, en El Mundo.

Neste último xornal ocupou o posto de Xefe de Redacción Adxunto e dirixiu o Departamento de Arte, comezando tamén a súa andaina como ilustrador político.

Pero se algo chama especialmente a atención do seu prolixo traballo, son os seus debuxos de animais, como o que ilustra esta emisión, que están realizados especificamente para a imaxe deste selo.

A orixe, segundo o propio artista, está nuns álbums de cromos que lle regalou seu pai sobre o reino animal. Elefantes, leóns ou lémures fixeron que se obsesionase en certo xeito polo mundo animal.

O froito desta obsesión deu lugar, entre outras cousas, a un libro, El animal ilustrado, onde se unen bosquexos, debuxos ou procesos de creación destas obras de arte onde podemos gozar dos animais en plena natureza ou antropomorfizados con esta técnica, que consiste en raspar cunha coitela sobre unha táboa ou cartón pintado de negro. Segundo o autor, a base do debuxo está no bosquexo, parte do proceso coa que máis goza.