Data de emisión: 30 marzo 2020

Los Caminos de Santiago del Norte Peninsular. Camino de Liébana

CONSULTAR TARIFAS

Los Caminos de Santiago del Norte Peninsular. Camino de Liébana

HISTORIA

OS CAMIÑOS DE SANTIAGO DO NORTE PENINSULAR

O Camiño de Santiago do Norte é unha das rutas históricas de todas as que forman parte desta peregrinación ancestral. Esta en concreto, é unha das máis utilizadas polos peregrinos europeos para chegar a Compostela e visitar a tumba do Apóstolo Santiago.

Este “camiño” cruza todo o norte de España, seguindo a cornixa cantábrica dende Francia ata Galicia.

O Camiño de Santiago Norte multiplica variantes para sortear as ribeiras e entrantes de mar, ata que acada o interior galego.

Correos dende hai anos, dedica un carné a esta ruta, este ano en concreto, ao seu paso por San Vicente de la Barquera e San Toribio de Liébana.

O primeiro dos selos ten como motivo a Igrexa de Santa María de los Ángeles de San Vicente de la Barquera. Declarada Ben de Interese Cultural no ano 1931, domina toda a vila e está rodeada por unha muralla na que se pode ver a coñecida como “porta dos peregrinos”, aquela pola que as persoas que realizan a ruta xacobea deben pasar ao facer o seu percorrido. Esta igrexa é un dos exemplos máis destacados da arquitectura gótica en Cantabria e un dos símbolos do Camiño de Santiago do Norte.

O segundo dos selos está dedicado á Igrexa de Santo Toribio de Liébana. Non todos os Camiños de Santiago levan ata o Apóstolo. Algúns, como este, bifúrcase e convértese no Camiño Lebaniego, unha vía de peregrinación xacobea mediante a que é posible gañar as mesmas indulxencias que se se chegase a Compostela pero sen saír de Cantabria.

No mosteiro de San Toribio consérvase unha das reliquias máis importante da cristiandade: o maior anaco coñecido da Cruz de Cristo. Por este motivo,

moitos dos peregrinos que viaxaban cara a Santiago de Compostela polo Camiño do Norte desviábanse para tocar ou bicar o madeiro no que se cravou a Cristo. Dende o momento no que o papa Julio II outorgou o privilexio a Santo Toribio de Liébana para que celebrase o seu propio Ano Xubilar son moitos máis os que escollen esta ruta.