Data de emisión: 09 novembro 2020

Música. Géneros musicales. Clásica

CONSULTAR TARIFAS

Música. Géneros musicales. Clásica

HISTORIA

MÚSICA. XÉNEROS MUSICAIS. CLÁSICA

Un selo que se pode escoitar, é a nova emisión que Correos dedica á música clásica.

O selo, con forma de disco de vinilo, pode poñerse nun tocadiscos e reproducir a Sinfonía número cinco en dó menor op. 67, interpretada polo Madrid Festival Orcherstra, baixo a dirección de Albert Skuratov.

Ludwig van Beethoven naceu en Bonn (Alemaña) o 16 de decembro de 1770, polo que este ano se cumpren 250 anos da súa chegada ao mundo.

A melodía que reproduce o selo foi composta entre 1804 e 1808. Esta sinfonía é unha das composicións máis populares e interpretadas da música clásica. Consta de catro movementos: comeza cun allegro de sonata, continúa cun andante e finaliza cun scherzo ininterrompido, que comprende as dúas últimas partes. Dende a súa estrea no Theater an der Wien de Viena o 22 de decembro de 1808, dirixida polo propio compositor, a obra adquiriu un notorio prestixio, que aínda continúa na actualidade.

A música clásica nace como unha forma de ruptura contra as regras estritas da música barroca que se caracterizaban pola súa estrutura horizontal onde varias melodías se sobrepuñan á vez.

Contrasta co período anterior por composicións menos pesadas e polo feito de ter só unha melodía principal que era a que guiaba todos os instrumentos. Isto fai que se conserve un mesmo ritmo nunha sucesión de acordes de estrutura vertical chamada homofonía.

Volvendo aos discos de vinilo, nos últimos anos o volume de negocio da venda destes, acadara unha cifra que non se vía dende os anos 90.

Este selo recolle elementos clásicos como unha sinfonía de Beethoven ou a forma dun disco de vinilo, e outros tan innovadores como o feito de que un selo se poida escoitar nun tocadiscos.