Data de emisión: 11 xuño 2020

Ocio y aficiones. Juego de cartas

CONSULTAR TARIFAS

Ocio y aficiones. Juego de cartas

HISTORIA

OCIO. Xogo de Cartas

Enxeño, astucia, estratexia e sorte foron algúns dos ingredientes cos que o xogo de cartas soubo seducir dende sempre o ser humano, sen importar a clase social, o xénero, a idade e nin sequera a nacionalidade. Un xogo cuxa atracción tamén a provoca o deseño, o simbolismo e a iconografía que adereza as cartas, que en ocasións serve para xogos de ilusionismo e mesmo para adiviñar o futuro, como sucede coa baralla do tarot.

A pesar da súa orixe aínda discutida, considérase que o máis probable fose en China onde nacesen as cartas, nación que dende o século XII xa utilizaba a imprenta de tipos móbiles sobre papel de arroz, para logo expandirse pola India, Persia e Exipto.

A súa chegada a Europa realizouse a través do comercio da Ruta da Seda ou talvez, mesmo, das Cruzadas, recalando en primeiro lugar en Cataluña, no século XIV. A iconografía que exhiben esas cartas é a que se utilizaba nos países da conca mediterránea, as chamadas cartas mamelucas, cos catro paus da baralla moi semellantes aos que coñecemos hoxe en día. A primeira mención aos naipes nun texto europeo provén dun documento de Barcelona, datado en 1371.

Ao longo do século XV, o xogo de cartas esténdese por toda Europa, mantendo a iconografía que ao longo dos séculos se irá adaptando ás particularidades de cada nación, como acontece coa baralla alemá ou a francesa.

En España, os naipes mantiveron practicamente a súa iconografía orixinal, que deron lugar a multitude de diferentes xogos e a un rico e curioso vocabulario.

A presente emisión conta coa orixinalidade de ser un prego cun selo e tres viñetas, que se presentan en forma dunha baza coas catro principais cartas da baralla, cada unha dun pau distinto, co deseño e as icónicas imaxes de Heraclio Fournier: a sota de espadas, o cabalo de copas, o rei de bastos e o ás de ouros.