Data de emisión: 10 novembro 2020

Oficios antiguos. Sereno

CONSULTAR TARIFAS

Oficios antiguos. Sereno

HISTORIA

OFICIOS ANTIGOS. SERENO

Seguindo a serie filatélica Oficios Antigos coa que en anos anteriores Correos dedicou selos a oficios como o de mineiro, vidreiro ou oleiro, este ano será o singular oficio de sereno o protagonista desta emisión.

O Prego Premium recolle algúns dos elementos máis representativos desta profesión, como a gorra ou o chaveiro.

Os selos, recortados con forma de chave e cunha impresión metalizada, colgan dese chaveiro, compañeiro inseparable do sereno.

Tense noticias desta profesión dende polo menos 1715, creándose o Corpo de serenos o 12 de abril de 1765. A súa primeira regulación coñecida é o Real Decreto do 16 de setembro de 1834.

Os serenos debían vivir no barrio onde traballaban, non ter antecedentes penais, ter entre 20 e 40 anos e non ter outro traballo que lles impedise traballar pola noite.

Debían ser nomeados pola policía e ser persoas de total confianza posto que se encargaban da seguridade dos bens e das persoas.

Nos seus inicios, as funcións que tiñan era activar a iluminación da gran cidade e facer roldas nocturnas para preservar a seguridade nas rúas.

Co tempo, comezaron a desenvolver outras funcións como a de acompañar os veciños ás súas casas e vixiar que non houbese delincuentes arredor das casas.

O seu uniforme consistía nun capote gris que máis tarde pasaría a ser unha bata da mesma cor, unha gorra de prato, un chuzo (pau para defenderse), un asubío e un mangado de chaves como o que se representa no Prego.

A súa presenza era fundamental a partir das dez da noite cando para entrar na vivenda era necesario que o sereno abrise o portal. A persoa que quería entrar na vivenda berraba a expresión “sereno” e este acudía ao seu encontro.

Esta profesión extinguiuse nos anos setenta aínda que os que a coñeceron nunca a poderán esquecer.