Data de emisión: 05 outubro 2020

Patrimonio mundial. Ciudad Califal de Medina Azahara

CONSULTAR TARIFAS

Patrimonio mundial. Ciudad Califal de Medina Azahara

HISTORIA

PATRIMONIO MUNDIAL. CIDADE CALIFAL DE MEDINA AZAHARA

Malia o efémero da súa existencia, tan só 70 anos dende a súa creación ata a súa desaparición durante as guerras de Al-Andalus, a cidade de Medina Azahara brillou, como o seu propio nome indica.

Abderramán III quería unha cidade que fose un fiel reflexo da grandeza da dinastía Omeya. Por iso ordenou fundar a cidade no 936, aos pés de Serra Morena e fronte ao val do Guadalquivir. Na súa construción, chegaron a participar máis de 10.000 persoas.

Medina Azahara converteuse no maior expoñente arquitectónico da dinastía Omeya, mesmo moitos especialistas falan dela como un particular Versalles, polas súas columnas vermellas e capiteis labrados polo miúdo con ouro e pedras preciosas incrustadas.

Cunha extensión de máis de 112 hectáreas, a cidade construíuse de forma graduada aproveitando a orografía do lugar.

Unha mesquita propia, áreas de recreo e descanso e zonas residenciais, acompañaban outras que tiñan unha función máis oficial.

Un milenio máis tarde segue rodeada de lendas e historias, as máis coñecidas é a que di que foi construída por amor a unha muller, que se chamaría “Azahara”.

En xullo de 2018, este conxunto arquitectónico que permaneceu oculto durante un milenio, foi inscrito na prestixiosa lista de Patrimonio Mundial, convertendo a Córdoba na única cidade do mundo con catro declaracións de Patrimonio Mundial e colocando a España no terceiro país con maior número de distincións, despois de China e Italia.

A folla bloque dedicada a esta cidade máxica, amosa unha das construcións que mellor se conservan da cidade, onde se poden ver os famosos arcos de medio punto tan recorrentes na súa arquitectura.

O selo, recolle o detalle dun dos arcos, co ceo azul de fondo e está troquelado coa forma deste.