Data de emisión: 13 marzo 2020

Pueblos con encanto

CONSULTAR TARIFAS

Pueblos con encanto

HISTORIA

VILAS CON ENCANTO 2020

Como cada ano dende hai cinco, Correos recolle nun despregable a xeito das antigas tarxetas postais con forma de fol, catro das vilas máis fermosas do noso país.

Ciudad Rodrigo, Morella, Tejeda e Valverde de los Arroyos, protagonizan os selos que conforman o anverso destas “tarxetas” que tamén, están imprimidos no reverso simulando a traseira dunha postal.

Cada un dos catro selos autoadhesivos ten como motivo principal un detalle significativo destas vilas con encanto. Completa esta emisión unha viñeta sen valor postal.

Ciudad Rodrigo. Unha imaxe aérea da zona urbana desta localidade salmantina, que fai fronteira con Portugal, protagoniza o selo dedicado a esta vila amurallada. De feito, son as construcións defensivas un dos maiores atractivos turísticos da cidade xunto co castelo, construído por Enrique II de Trastámara no s. XIV, que a vixía dende o máis alto.

Morella. Na provincia de Castellón, a máis de mil metros de altura, un robusto castelo vixía a localidade de Morella declarada Conxunto Histórico Artístico e recoñecida co premio Patrimonio polas cidades Patrimonio da Humanidade. O selo representa un atardecer espectacular da cidade amurallada aos pés do impoñente castelo.

Tejeda. A pintoresca vila de Tejeda, no interior da illa de Gran Canaria, é parada obrigada para todos aqueles que viaxan ás illas afortunadas buscando algo máis que sol e praia. O selo recolle unha bela panorámica da localidade franqueada por un dos atractivos naturais da illa, o Roque Bentayga que xunto co Roque Nublo, poden contemplarse dende calquera punto de Tejeda.

Valverde de los Arroyos. Dentro da ruta de Pueblos Negros, rodeado dun ámbito natural espectacular atopamos esta localidade na provincia de Guadalaxara. Un detalle da súa arquitectura urbanística, con construcións de pedra cubertas de lousa, conforma o selo dedicado a esta vila singular.