Data de emisión: 02 outubro 2020

Reconocimiento. Coleccionistas filatélicos

CONSULTAR TARIFAS

Reconocimiento. Coleccionistas filatélicos

HISTORIA

COLECCIONISTAS FILATÉLICOS

Segundo a definición do Dicionario da Real Academia Española da Lingua, a Filatelia é o “coleccionismo e estudo de selos de correos por afección”.

Son moitas as persoas que ao longo dos anos se somerxeron no apaixonante mundo dos selos, converténdose non só nunha afección, como sinala a RAE, se non mesmo nunha forma de vida.

O interese polo coleccionismo de selos, iniciouse case á vez da aparición do primeiro deles en Reino Unido en 1840.

O termo que facía referencia a esta actividade, naceu dúas décadas despois, en 1864, cando Gustave Herpin utilizou o termo “philatélie” nun artigo da revista Le Collectioneur de timbres-poste, referíndose con el ao coleccionismo de selos como tal.

A orixe de palabra xorde de xuntar os termos gregos ‘philo’ (amor, amigo, amante) e ‘atéleia’ (exento de impostos ou tributo).

Aínda que non se ten constancia de quen foron os primeiros coleccionistas de selos, si que existen noticias que falan sobre persoas, que poucos anos despois de que nacese o selo, publicaban anuncios na prensa da época solicitando intercambiar correspondencia con outras persoas, co fin de recibir selos e así os coleccionar.

Hoxe en día o coleccionismo de selos segue a ter os seus fieis seguidores. Cada ano, en distintos países do mundo, celébranse exposicións filatélicas que reúnen afeccionados de moitos países arredor dos selos.

En España, a EXFILNA é un acontecemento agardado cada ano polos coleccionistas nacionais e internacionais, onde ademais de poder gozar de coleccións de particulares, danse a coñecer novidades, cada vez máis innovadoras, que revolucionan o mundo da filatelia.

O selo co que Correos quere homenaxear os coleccionistas filatélicos ten como protagonista a famosa pintura The Philatelist, obra do pintor suízo François Barraud, do ano 1929. Ademais, está imprimido cun efecto lupa que o fai máis especial se cabe.