Data de emisión: 14 maio 2020

Sello solidario. WWF. Protección de la naturaleza

CONSULTAR TARIFAS

Sello solidario. WWF. Protección de la naturaleza

HISTORIA

SELO SOLIDARIO. WWF. PROTECCIÓN DA NATUREZA

De novo Correos emite o selo solidario anual, colaborando co proxecto de Protección da Natureza de World Wildflife (WWF), cunha cantidade equivalente ao 3 % do total recadado dos selos vendidos.

WWF organización protagonista deste selo e Prego Premium leva 50 anos traballando pola protección da natureza.

En España, todo comezou cando Luc Hoffmann, vicepresidente de WWF nos anos 60, decidiu comprar terreos en Doñana para a súa conservación.

Durante ese proceso, creouse a delegación española de WWF, que nos seus primeiros anos se chamaría ADENA.

Anos máis tarde, Félix Rodríguez de la Fuente, foi nomeado vicepresidente e co seu empeño e tesón, a organización creceu en número de socios e popularidade. Por primeira vez utilizaríanse campañas de comunicación e sensibilización da sociedade así como proxectos sobre o terreo que supuxeron un grande avance nesta materia.

O Club de Linces ou os campamentos de mozos naturalistas en Montejo de la Vega, xurdiron baixo o amparo do gran Rodríguez de la Fuente e conseguiron que en nenos e nenas de toda España xermolase a semente da protección do medio.

O lobo ibérico, o lince, ou as aves rapaces, viviron programas de protección e, grazas a iso, hoxe en día podemos seguir gozando destas especies, aínda que por desgraza seguen vivindo en perigo de extinción.

Ao longo dos anos foron moitas as accións levadas a cabo por WWF para protexer a natureza, somerxida en novos e difíciles retos como a loita contra o cambio climático.

O selo e o Prego Premium, enfróntanos dúas realidades: o fin da natureza e o futuro que queremos, representados por dúas follas, unha murcha e outra verde e chea de vida. O logotipo da organización e o do 50 aniversario, xunto co lema “Somos natureza”, completan o deseño.