Data de emisión: 02 xaneiro 2020

Turismo. Rutas turísticas sobre dos y cuatro ruedas

CONSULTAR TARIFAS

Turismo. Rutas turísticas sobre dos y cuatro ruedas

HISTORIA

TURISMO. Rutas turísticas sobre dúas rodas e sobre catro rodas

Liberdade, aventura, natureza e estrada son os ingredientes que busca todo afeccionado ao turismo sobre rodas en calquera das súas dúas modalidades, tanto en motocicleta ou como en autocaravana. España, grazas ao seu clima, cultura e gastronomía é uns dos destinos favoritos para este tipo de turismo, que para os afeccionados ás motocicletas, conta ademais co aliciente da orografía que ofrece o noso país. Un relevo montañoso que permite gozar de estradas secundarias pouco transitadas, con trazados sinuosos e paisaxes espectaculares.

Os afeccionados ao mototurismo divídense en tres categorías en función da motocicleta utilizada e da idade do afeccionado. Os máis veteranos gustan das motos clásicas, de gozar da condución e da estrada sen grandes velocidades. Os amantes das motos de estrada prefiren as xornadas de viaxe longas, ben planificadas e rodadas a maior velocidade. Por último están os afeccionados ás “trail”, cuxo maior espírito aventureiro e gusto pola natureza lévaos a percorrer lugares recónditos grazas á maior mobilidade que ofrecen este tipo de motocicletas.

O turismo sobre catro rodas goza do mesmo gusto pola aventura e a natureza pero dun modo máis sosegado. Os seus afeccionados adoitan ser parellas ou familias con nenos que buscan lugares onde gozar da paisaxe e a tranquilidade. Divídense tamén en varios grupos en función do vehículo utilizado. Así, en primeiro lugar atópanse as caravanas, que remolcadas por automóbiles, prefiren as zonas de cámping onde poder estacionar.

As autocaravanas forman o grupo máis amplo que abrangue dende as furgonetas acondicionadas para pasar a noite ou camper ata as autocaravanas chamadas integrais, con maior habitáculo, mellor equipadas e moito máis confortables. No termo medio encóntranse as populares autocaravanas capuchinas, como a que ilustra o presente selo, cuxos afeccionados gozan tanto das zonas de acampada como as de aparcamento libre.

Ambos os dous selos reproducen coa forma dos típicos adhesivos de lugares turísticos unha motocicleta e unha autocaravana respectivamente cun fondo de monumentos representativos de diferentes provincias españolas.