Data de emisión: 04 novembro 2020

Valores cívicos. No a la violencia de género

CONSULTAR TARIFAS

Valores cívicos. No a la violencia de género

HISTORIA

VALORES CÍVICOS. NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Un dos piares fundamentais para o bo funcionamento dunha sociedade, é o cumprimento dunha serie de principios que todo cidadán debe cumprir, respectar e compartir.

Estes principios son os que coñecemos como Valores Cívicos, aos que Correos cada ano dedica un selo para concienciar e sensibilizar a poboación.

Este ano o selo está dedicado á Violencia de Xénero.

NON. Un NON en maiúsculas é o que esta emisión quere deixar claro. A Violencia de Xénero é unha das maiores eivas da nosa sociedade.

Dende 2003, ano no que se comezaron a contabilizar os crimes mortais de xénero, máis de mil mulleres foron asasinadas polo simple feito de ser muller.

Este dramático reconto gobernamental comezou no ano 2003 con datos do Instituto da Muller. Eran os primeiros datos rigorosos e cun sistema correcto de recollida, polo que se puido establecer un informe oficial a partir desa data.

Ata ese momento o reconto víñano a facer, dende moitos anos atrás, as asociacións de mulleres coa axuda dos medios de comunicación.

Pero son moitas máis, foron moitas máis antes desa data e debemos evitar que sexan moitas máis as vítimas nun futuro.

Queremos lembrar que existe un número de teléfono ao que poder chamar no caso de sufrir algún tipo de maltrato ou ser coñecedor de que alguén o está a padecer. Este teléfono, o 016, é totalmente anónimo, non deixa rastro nas facturas telefónicas e bórrase automaticamente da lista de chamadas na maioría dos terminais móbiles.

O selo dedicado a dicir NON á Violencia de xénero, recolle unha ilustración onde se poden ver siluetas que representan mulleres de calquera idade ou raza.

Unha man branca que quere dicir BASTA lémbranos que esta sociedade non quere seguir sufrindo estes feitos.