Data de emisión: 14 febreiro 2021

Día dos namorados

CONSULTAR TARIFAS

Día dos namorados

Historia

DÍA DOS NAMORADOS.

Son moitas as teorías que rodean á orixe do Día de San Valentín ou Día dos Namorados.

Moitas desas teorías coinciden en que o emperador romano Claudio II, coñecido como Claudio “o Gótico”, prohibiulles aos militares casar xa que consideraba que, se o facían, perdían a forza para loitar polo Imperio.

Daquela, sabendo que o amor entre parellas era inevitable, un sacerdote chamado Valentín dedicouse a celebrar vodas en segredo.

Ao ser descuberto, dise que foi martirizado e executado un 14 de febreiro, de aí que ese día, se celebre o Día dos Namorados ou San Valentín.

Pero, de onde sae Cupido, símbolo deste día? Pois tampouco queda moi claro. Cupido era un deus pagán que representaba o amor irreflexivo da atracción. As lendas máis maliciosas sobre esta figura apuntan a que era caprichoso e o seu entretemento era apuntar coas súas frechas as persoas para se divertir e, nas orixes, non había ningunha festividade relacionada con el o día 14 de febreiro.

O que si parece estar documentado é que a orixe comercial desta data tan sinalada para algúns, data do século XIX cando comezaron a venderse as primeiras postais de felicitación amorosas que os amantes se regalaban entre si para demostrarse o seu amor.

Este ano Correos emite un selo dedicado a este día tan vinculado ao correo postal xa que os namorados mandaban as súas cartas de amor e tarxetas amorosas por correo aos seus amantes.

O deseño deste selo tan romántico, está formado por unha ilustración moi acorde coa temática amorosa cun aire desenfadado e alegre. As cores pasteis encaixan co vermello, a cor do amor, facendo máis atractiva a composición.

Este ano as cartas de amor, irán acompañadas dun selo que lles dará a pista aos seus destinatarios das intencións que conteñen esas misivas.