Data de emisión: 26 febreiro 2021

Disello VII. 1º Premio Categoría Xuvenil

CONSULTAR TARIFAS

Disello VII. 1º Premio Categoría Xuvenil

Historia

VII CONCURSO DISELLO 2020

Por sétimo ano consecutivo, Correos organizou durante este accidentado ano 2020 o Concurso Nacional de Deseño de Selos cunha ampla participación, acadando as 1.767 persoas. 

Este 2020 a temática das obras tiña o lema: un selo polo clima, poñendo no centro do discurso artístico o tema ambiental, cambio climático e a participación das persoas no mundo que nos arrodea.

O deseño sempre é un reto á imaxinación, pero deseñar para un espazo tan pequeno e que condense toda a información que se queira contar (8 cm2) require un dobre esforzo que, á vista da calidade das obras presentadas, os participantes superaron notablemente.

Das 80 obras finalistas, 40 por categoría, o xurado decidiu os premiados do VII Concurso Nacional de Deseño de Selos 2020:

1º Premio categoría xeral, Bárbara Llinares Mira (Valencia)

1º Premio categoría xuvenil, Jorge Martín Allas, alumno do Colexio Marista Nosa Señora de Fuencisla (Segovia).

O selo gañador na categoría xeral amosa unha acuarela que a propia autora describe como un cambio na conciencia social, é o cambio cara a un futuro positivo, sostible e posible. Un sopro á esperanza, á vida que converte o que toca co seu alento en cambio, nun futuro sen contaminación respectuoso co ambiente.

Na categoría xuvenil, a obra que obtivo o 1º premio é un debuxo pintado con rotulador e lapis de cor cun estilo realista que nos amosa o corazón como o lugar no que habitamos e que aínda que non o vexamos o sentimos, tendo que protexelo para poder sobrevivir. 

Os gañadores dos primeiros premios terán a satisfacción de poder ver o seu deseño en circulación, xa que Correos se encargará de producir e emitir no ano 2021 os selos cos deseños premiados. Ademais, como o ano pasado, o deseñador do primeiro premio da categoría xeral terá a oportunidade de deseñar diferentes obxectos filatélicos durante o 2021.

En breve comezará a VIII convocatoria do Concurso Nacional de Deseño de Selos 2021 que terá como temática un selo polos que nos coidan. Dende Correos anímase a participar para expresar a través dun selo o agradecemento, de homenaxe por todas aquelas persoas que coidan día a día da sociedade, sobre todo en períodos de crise como a da Covid-19.