Data de emisión: 30 marzo 2021

Efemérides. 140 aniversario estación Madrid Delicias

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. 140 aniversario estación Madrid Delicias

Historia

EFEMÉRIDES. 140 ANIVERSARIO ESTACIÓN MADRID DELICIAS

A estación de Delicias foi inaugurada o 30 de marzo de 1880 polos reis Alfonso XII e María Cristina. Pasaran máis de trinta anos dende que se creou a primeira liña ferroviaria da Península, que uniu, mediante 28 quilómetros de vías, as localidades de Barcelona e Mataró en 1848.

O último tren que partiu de Delicias, fíxoo en 1969 e quince anos máis tarde, as súas instalacións comezaron a gardar os valiosos trens do actual Museo do Ferrocarril de Madrid-Delicias.

A estación configurouse en principio como cabeceira da liña de Madrid-Cidade Real - Badaxoz.

Delicias convértese na estación final da liña de Madrid a Cáceres e Portugal, funcionando como unha estación con carácter internacional, xa que enlazaba dúas capitais europeas, Madrid e Lisboa, con trens directos e un tráfico dedicado tanto ao transporte de mercadorías coma ao de viaxeiros.

Hoxe en día, a estación, dentro da súa faceta museística, acadou un grande apoxeo, despois de converterse nun dos museos máis atractivos da cidade de Madrid.

Por un lado, a propia construción, e en particular a súa característica marquesiña, xa dan conta da historia e das historias alí vividas. Na nave central da estación, pódense ver máis de trinta vehículos de gran valor histórico, entre locomotoras de vapor, diésel, eléctricas, automotores e coches de viaxeiros.

A historia do ferrocarril en España estivo estreitamente ligada á historia do correo. Por iso e moito máis, Correos dedica un selo a esta mítica estación como homenaxe ao seu 140 aniversario.

O selo ten como motivo principal unha ilustración que debuxa unha locomotora en movemento coa propia estación ao fondo, con trazos que simulan o fume que sae pola cheminea da locomotora.

O selo impresiona polas súas tonalidades en negro e branco, que nos fan viaxar a ese pasado, non tan afastado, no que a estación Madrid Delicias vivía días frenéticos de maletas, mercadorías e persoas que ían e viñan, de historias, á fin e ao cabo.