Data de emisión: 22 abril 2021

Efemérides. 100 anos (1920-2020) Enxeñeiros de Telecomunicación

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. 100 anos (1920-2020) Enxeñeiros de Telecomunicación

Historia

CENTENARIO DO TÍTULO DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN

Nunha época na que as telecomunicacións evolucionan a pasos axigantados e na que o que onte era unha novidade, hoxe quedou anticuado, o título de Enxeñeiro de Telecomunicación cumpre 100 anos.

A primeira promoción de Enxeñeiros de Telecomunicación formouse na Escola Xeral de Telegrafía, fundada no ano 1913.

Un Real Decreto publicou a necesidade da creación dunha nova titulación que abranguese o estudo da telecomunicación ao máis alto nivel.

No ano 1866, a Escola de Telégrafos albergaba os aspirantes ao Corpo de Telégrafos que recibían a formación para acceder a este.

Tras anos de cambios, en 1920, a Escola reorganizouse para ofrecer tres graos educativos diferentes: elemental, medio e superior, sendo este último o antecedente directo do título de Enxeñeiro de Telecomunicación.

As telecomunicacións están presentes en todos e cada un dos aspectos da nosa vida. Dende a industria á sanidade, pasando pola educación ou o transporte, faise necesaria no día a día unha solvente rede de telecomunicacións.

Un exemplo recente, é a cobertura esencial e indispensable que este sector proporcionou e proporciona á poboación no día a día durante o desenvolvemento da pandemia provocada polo COVID-19: teletraballo, clases online, consultas médicas a través de videochamadas, son algún dos exemplos máis significativos, sen esquecer, que durante o confinamento máis estrito, fixeron posibles o contacto con familia e amigos de xeito virtual.

O selo que Correos dedica a esta efeméride recolle, por un lado, o logotipo creado para a celebración do centenario e, por outro, o escudo dos Enxeñeiros de Telecomunicacións. O fondo do selo ocúpao unha ilustración que representa ás redes de comunicación.

Correos celebra este centenario de xeito especial, xa que está estreitamente ligado a esta titulación, pois en certo modo, os Enxeñeiros de Telecomunicación de hoxe teñen a súa orixe nos telegrafistas de entón.