Data de emisión: 23 abril 2021

Efemérides.- 2021. Bicentenario do Ateneo de Madrid (1820-2020)

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides.- 2021. Bicentenario do Ateneo de Madrid (1820-2020)

Historia

BICENTENARIO DO ATENEO DE MADRID

Cunha imaxe da espectacular Biblioteca do Ateneo de Madrid, Correos celebra o segundo centenario desta institución.

O Ateneo de Madrid é o lugar de encontro da arte, a literatura e a ciencia dende hai máis de dous séculos, onde tiña cabida todo o mundo xa fosen ateos, relixiosos, republicanos, monárquicos, conservadores ou liberais. Todos convivían de xeito civilizado aceptando e respectando ideas alleas en debates e discusións.

O Ateneo recíbenos con tres grandes da cultura española: representando ás artes atopamos a Velázquez, as ciencias por Alfonso X o Sabio e Cervantes como delegado das letras.

No seu interior, podemos visitar a Galería de Retratos que alberga unha colección de imaxes dos máis importantes intelectuais que deleitaron coas súas virtudes nesa casa. Nomes como Cánovas del Castillo, Valle Inclán ou Emilia Pardo Bazán, quen foi elixida presidenta da sección literaria, todo un logro na súa época sendo a única muller que posúe un retrato na devandita galería.

A biblioteca, motivo principal desta emisión, conta con máis de 150.000 títulos de monografías de 350.000 volumes aproximadamente. É unha biblioteca enciclopédica, xa que abrangue todo tipo de materias e xéneros. Como dato curioso, nos tempos de maior esplendor abría ás nove da mañá e pechaba ás dúas da madrugada dispoñendo mesmo dun servizo de catering. Hai unha lenda, vixente hoxe en día, que di que se estudas nesta biblioteca nunca recibirás un suspenso.

Outro dos recunchos especiais é o Salón de Actos, onde os políticos do século XIX ensaiaban reiteradamente os seus discursos antes de recitalos no Congreso.

En resumo, esta institución é un legado vivo para a cultura do noso país, testemuña dalgúns dos momentos máis relevantes da nosa historia e todo aquel que percorre os seus corredores hoxe en día, pode percibir esa sensación especial que se respira cando viaxamos ao pasado a través de lugares do presente.