Data de emisión: 01 febreiro 2021

Efemérides. 80 Aniversario de RENFE

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. 80 Aniversario de RENFE

Historia

EFEMÉRIDES. 80 ANIVERSARIO DE RENFE.

En 2021 cúmprense 80 anos dende a creación de RENFE.

A Lei de Bases de Ordenación Ferroviaria e de Transportes por Estrada do 24 de xaneiro de 1941, tiña como obxectivo principal, nacionalizar as empresas privadas de ferrocarril que existían en España.

Co inicio da década dos cincuenta chegou unha das máis grandes innovacións da época en materia ferroviaria, a creación  do tren Talgo, primeiro, na liña Madrid-Hendaya.

Ao longo dos anos, os quilómetros de vías foron aumentando no noso país así como as melloras e avances tecnolóxicos nos trens.

Se houbo un momento importante na historia das comunicacións en España, foi a chegada do tren de alta velocidade, o AVE.

Foi no ano 1988 cando o Goberno aprobou a construción da liña de alta velocidade entre Madrid e Sevilla, feito que supoñería o reto máis importante na historia do ferrocarril español.

Un reto que comezaba cun obxectivo cronolóxico, a celebración na capital andaluza da Exposición Universal do ano 1992. Foi entón cando se realizaría a primeira viaxe en España nun tren de Alta Velocidade.

E un destes trens é o protagonista dun selo co que Correos quere celebrar esta data tan importante. Son 80 anos de historia que sen dúbida, está estreitamente relacionada coa empresa postal española, posto que o ferrocarril viaxou historicamente en paralelo con Correos e co desenvolvemento das comunicacións en España, e polo tanto, no mundo.

Un selo que presenta un cuño no morro da locomotora, coma se quixese saír a 310 quilómetros por hora, e vernizado para asemellarse á imaxe metálica dos trens.

O número 80 entrelazado co logotipo de RENFE, completa o selo co que se homenaxea a unha das empresas máis emblemáticas de España e que a maioría dos españois, ben en trens de proximidade ou de longa distancia, usaron algunha vez.