Data de emisión: 20 xaneiro 2021

Efemérides. Centenario Club Atlético Osasuna. 1920-2020

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. Centenario Club Atlético Osasuna. 1920-2020

Historia

EFEMÉRIDES. CENTENARIO CLUB ATLÉTICO OSASUNA.

No ano 1920, os pamploneses temeron quedar sen fútbol profesional na cidade. 

Por sorte, produciuse a fusión dos clubs Sportiva e New Club, dando orixe á nova entidade que pasou a se denominar Osasuna. Como anécdota, dicir que ese acordo quedou selado no Café Kutz de Pamplona.

Tiveron que agardar ata 1935 para chegar á máxima categoría. O Osasuna xogaba o último partido ante a Murcia e estaba obrigado a gañar. Así foi, cun 3-0, o equipo pamplonés viviu o primeiro ascenso á máxima categoría do fútbol nacional. Ese once estivo formado por: Urreaga; Ilundáin, Recarte, Ruiz, Cuqui Bienzobas, Urdiroz II; Castillo, Iturralde, Vergara, Paco Bienzobas e Catachú, con Emilio Urdiroz como adestrador.

O 2 de setembro de 1967 inaugurouse o estadio de El Sadar, un campo moderno e cómodo con capacidade para 25.000 espectadores.  Atrás quedaban os logros no antigo San Juan, estadio que naceu despois que o Osasuna lle solicitase ao Concello un terreo no devandito lugar e que foi inaugurado o 21 de maio de 1922.

No ano 1985 debutou en Europa, pero non sería ata 2007 cando xogaría unha semifinal da UEFA na que perdeu fronte ao Sevilla.

Despois duns anos duros, o Osasuna chega ao seu centenario co club saneado economicamente e en Primeira División. 

Correos súmase á celebración do centenario deste club, cun selo que ten como fondo, unha imaxe desdebuxada da grande afección vermella.

Un balón branco co logotipo creado para a ocasión, que recorda o escudo do club coas cores oficiais da entidade, azul, branca e azul, en lugar do león e as cadeas, así como as datas 1920-2020, resaltando os 100 anos do club.

Este selo quere plasmar ese espírito de camaradería do que sempre presumiu o club, ese ambiente no que parece que ao final, non deixan de ser un grupo de amigos que xogan e gozan do deporte rei.