Data de emisión: 25 xaneiro 2021

Efemérides. Centenario Deportivo Alavés

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. Centenario Deportivo Alavés

Historia

EFEMÉRIDES. CENTENARIO DO DEPORTIVO ALAVÉS.

Este ano conmemórase o centenario do Club Deportivo Alavés e Correos emite un selo para celebralo, no que o 100 é o protagonista indiscutible xunto co novo escudo do club deseñado expresamente para a ocasión.

O novo escudo representa un aceno ao orixinal de 1921. Trátase dunha forma esférica que ten como eixe central a mítica bandeirola coas letras D.A. (Deportivo Alavés) escoltado polas cifras 19 e 21, ano da creación do “Glorioso”.

Nese ano comezou a súa andaina deportiva despois de cambiar a súa denominación de “Sport Friend's Club” a Deportivo Alavés.

No ano 2001 viviu un dos seus momentos históricos de maior gloria: xogou a final da UEFA fronte ao Liverpool, no que foi considerado o mellor partido desta competición.

Aquela tempada 2000-01 supuxo un fito histórico para o modesto equipo vitoriano, que conseguiu darse a coñecer en Europa, deixando o fútbol español no máis alto.

Non conseguiron vencer o equipo inglés, sendo derrotados polo gol de ouro. A mala sorte frustraba o soño dun equipo que non foi quen de levar o trofeo para Vitoria, pero que conseguiu o respecto de todo un continente.

O Deportivo Alavés afronta o ano do seu centenario dando pasos en firme e cunha situación moi saneada en proceso de crecemento, máis se cabe. Asentado en Primeira División, obtendo importantes éxitos máis alá da permanencia, como a súa participación na final da Copa do Rei de 2017.

A canteira converteuse nunha importante aposta do club, a base alavesista masculina e feminina que se prepara na cidade deportiva de Ibaia.

Este selo únese a multitude de homenaxes que durante este ano tan importante, o club, e sobre todo, os seus afeccionados, vivirán para celebralo. Porque cen anos non se cumpren todos os días e este selo fará que este momento permaneza para sempre.