Data de emisión: 18 marzo 2021

Xestión de Residuos COVID-19

CONSULTAR TARIFAS

Xestión de Residuos COVID-19

Historia

XESTIÓN DE RESIUDOS COVID.

Dende que a COVID 19 chegou ás nosas vidas e puxo todo do revés, son moitos as frontes abertas que a poboación mundial ten que combater.

A xestión da pandemia ademais de ocuparse da atención dos enfermos, control de contaxios, desenvolvemento de vacina ou tratamentos para paliar e acabar con esta terrible enfermidade, presenta outro tipo de retos colaterais, pero igual de importantes para o futuro do planeta Terra, como é a xestión de residuos xerados a causa desta situación.

Correos, no seu afán por colaborar activamente nesta crise mundial, así como na protección do ambiente, quere poñer especial atención na concienciación sobre a xestión dos residuos COVID.

Para iso, emite un selo cuñado con forma de colector de residuos, no que se pode ver unha máscara depositada neste.

O selo está enmarcado nunha folla bloque en forma de díptico en cuxo interior se inclúen 6 tarxetas franqueadas con tarifa A, dedicadas a concienciar sobre a invasión dos residuos en diferentes lugares naturais.

Dende Correos quérese animar a poboación a que sexamos responsables coa utilización das máscaras, luvas e outros elementos de protección, facendo un uso adecuado destes e, sobre todo, dándolles un final apropiado para que o impacto sobre ambiente sexa o mínimo e imprescindible.

Sempre que sexa posible, é conveniente usar elementos reutilizables e, sobre todo, depositalos nos colectores destinados para a súa reciclaxe ou destrución por parte de empresas especializadas para iso. 

Deste xeito, o día que por fin deamos por finalizada esta pandemia mundial, teremos limitado dalgún xeito os danos que este virus provocase nas nosas vidas.

Non hai que esquecer que protexer o medio é tamén protexer a nosa saúde e o noso futuro.