Data de emisión: 31 marzo 2021

Humor gráfico. Mikel Urmeneta

CONSULTAR TARIFAS

Humor gráfico. Mikel Urmeneta

Historia

HUMOR GRÁFICO. MIKEL URMENETA

No ano 2017, Mikel Urmeneta foi considerado unha das 100 persoas máis creativas do mundo segundo a revista Forbes. Non foi a única das distincións que recibiu este artista navarro.

Fundador e director creativo de Katuki Saguyaki, que quere dicir “carne de gato, manxar de rato,” foi tamén fundador e director creativo de Kukuxumusu.

O seu humor ácido e ás veces delirante, converteuse nun dos seus sinais de identidade.

Vive a cabalo entre Nova York e Iruña, dende onde segue desenvolvendo a súa capacidade creativa que non só plasma nos seus característicos debuxos, senón tamén noutros proxectos de diferente índole.

Da súa obra salientar o cartelismo e muralismo ou a utilización de diferentes técnicas moi innovadoras como o tilt brush, unha aplicación de Google que permite ao usuario pintar e realizar obras gráficas en 3 dimensións, por medio do dispositivo de realidade virtual HTC VIVE.

Unha das súas obras máis emblemáticas e recordadas, é o cartel que deseñou para as festas de San Fermín no ano 1990.

Os seus carteis serviron para anunciar ou promover festas como a do Baztandarren Biltzarra en 1991, a sección infantil do Festival de Cine de San Sebastián nese mesmo ano, ou a Oficina de Turismo do Goberno Vasco.

A fotografía, outra das súas paixóns, serviulle para colaborar con  Captura.org, organización que recolle, xunto ao traballo doutros autores, algunhas das súas fotografías dixitais.

A serie Humor Gráfico é unha das máis esperadas cada ano polos afeccionados da Filatelia, o selo que se dedica este ano a Mikel Urmeneta, recolle unha ilustración do artista, que representa a protagonista da fábula de Carapuchiña Vermella que camiña da man do pequeno lobo azul, protagonista da folla bloque.