Data de emisión: 26 marzo 2021

Ocio e afeccións. Parque temático Puy du Fou España

CONSULTAR TARIFAS

Ocio e afeccións. Parque temático Puy du Fou España

Historia

OCIO E AFECCIÓNS. PARQUE TEMÁTICO PUY DU FOU

Os parques temáticos son lugares onde a xente se somerxe para vivir experiencias emocionantes que deixan recordos para toda a vida. Estes espazos de ocio e entretemento seguen sendo o destino favorito e, tamén, a escusa perfecta, para visitar distintos países.

En España hai máis de 15 destes parques repartidos por todo o país. Por iso Correos, no seu afán por promover o noso país a través dos selos, dentro da serie filatélica Ocio e Afeccións, quere resaltar a figura destes espazos de diversión cunha emisión, nesta ocasión, dedicada a Puy du Fou España.

En agosto de 2019, chegou a España o proxecto español inspirado no parque francés galardoado en dúas ocasións como “Mellor parque do mundo”.

El Sueño de Toledo (O Soño de Toledo) converteuse no seu primeiro grande espectáculo nocturno en homenaxe á cidade onde se encontra. A produción conseguiu un éxito rotundo de público e crítica, superando as expectativas dos propios creadores.

O espectáculo narra unha parte da Historia de España, que vai dende o reinado de Recaredo ás Navas de Tolosa, do descubrimento de América á chegada do ferrocarril. Os espectadores son transportados nunha viaxe no tempo que abrangue uns 1.500 anos da Historia do noso país, con máis 200 actores e con efectos especiais sobre o inmenso escenario de 5 hectáreas.

A nova tempada de Puy du Fou España sumará catro novos espectáculos históricos diúrnos, que sorprenderán con personaxes da dimensión de Colón, El Cid ou Lope de Vega.

Ademais, os visitantes poderán vivir a experiencia de forma máis intensa e realista, rodeados de natureza, paseando a través das distintas épocas. Poderán camiñar por un poboado do século XIII, con antigos artesáns como o augador ou o oleiro e tamén, contemplar outros edificios impresionantes construídos para que a aventura sexa unha vivencia memorable.

O selo, amosa unha imaxe dalgún dos protagonistas do espectáculo, caracterizados cos traxes das épocas que representan, así como as súas armas e mesmo, unha das carabelas que chegaron ao Novo Continente.