Data de emisión: 19 marzo 2021

Patrimonio Mundial 2021. Centro Histórico de Toledo

CONSULTAR TARIFAS

Patrimonio Mundial 2021. Centro Histórico de Toledo

Historia

PATRIMONIO MUNDIAL. CENTRO HISTÓRICO DE TOLEDO.

Como cada ano, Correos emite un selo dedicado a Patrimonio Mundial, neste caso, ao Centro Histórico de Toledo, inscrito nesta privilexiada lista de Cidades Patrimonio Mundial da UNESCO.

Toledo, cidade das tres culturas, é testemuño de diferentes civilizacións que pasaron por España e que deixaron a súa pegada nas súas rúas e prazas.

Cidade romana, capital visigoda, parte do Emirato de Córdoba, centro da Reconquista cristiá ou sede da corte de Carlos I de España e V de Alemaña.

Pasear polas súas rúas é regresar a un pasado rico en arte, cultura, costumes e relixións.

Na súa zona histórica podemos descubrir reminiscencias desas tres culturas tan relevantes na capital manchega: a xudía, a musulmá e a cristiá.

Da Toledo cristiá cómpre salientar o seu Alcázar, a Catedral de Santa María, igrexas, conventos e mosteiros como o de San Juan de los Reyes. Do seu pasado árabe consérvase o tecido de rúas estreitas e sinuosas, e mesquitas como a do Cristo de la Luz, de ladrillo e cachotería, arcos entrelazados e teitumes de madeira. A presenza xudía pódese rastrexar nas Sinagogas do Tránsito e de Santa María la Blanca.

A cidade tamén atraeu grandes artistas de renome universal, como Domenikos Theotokopoulos, El Greco, quen residiu en Toledo dende 1577 ata a súa morte e se converteu tamén nun dos emblemas máis significativos da cidade.

O selo, que está enmarcado nunha bela calcografía, ten forma de moeda de dous euros, 

O anverso da moeda que reproduce o selo, representa a imaxe da Porta do Sol, edificio de estilo mudéxar que data do século XIV e un detalle da decoración mural da Sala de Oración da Sinagoga de Samuel Leví, situada na xudaría toledana, actual Museo Sefardí.