Data de emisión: 13 abril 2021

Pintura.- 2021. Mail Art. Obra seleccionada na V Exposición Internacional Arte Postal en Avilés. A terra

CONSULTAR TARIFAS

Pintura.- 2021. Mail Art. Obra seleccionada na V Exposición Internacional Arte Postal en Avilés. A terra

Historia

PINTURA. MAIL ART

Mail Art é a denominación que se utiliza para designar unha orixinal actividade artística que utiliza como medio de expresión a distribución postal.

Son moitas as formas que se poden adoptar nesta disciplina, dende mensaxes a colaxes, pasando por obxectos ou poemas.

Esta forma artística vai dirixida a un amplo público, ás veces descoñecido polo propio autor, que pretende saírse, en certo modo, das vías tradicionais de distribución da arte.

A V Exposición Internacional De Arte Postal En Avilés, co lema «A Terra», recibiu máis de 500 obras postais provenientes de 37 países diferentes e, como novidade nesta edición, de entre todas, unha delas, converteuse nun selo dedicado ao Mail Art ou Arte por Correo, o primeiro selo oficial dedicado a esta disciplina artística que se emite no mundo.

A obra seleccionada, reflicte unha bóla do mundo, protexida cunha máscara de gas, que, a xeito de metáfora, quere denunciar a contaminación ambiental no noso planeta. O autor desta obra é García de Marina, (Xixón, 1975), fotógrafo de recoñecido prestixio nacional e internacional. 

Este selo, tamén, inaugurará unha serie que o ano que vén terá como temática “Aire”.

García de Marina colabora coas súas composicións fotográficas en numerosas publicacións, así como tamén, participa en exposicións individuais ou colectivas, entre as que destaca DIÁLO2, un proxecto expositivo que reuniu 20 diálogos entre un dos grandes referentes da poesía visual do século XX en España, como foi Joan Brossa e o propio fotógrafo; ou “La Palabra Inacabada”, exposición que serviu ao fotógrafo para explorar a relación entre a linguaxe escrita e a linguaxe visual poñendo en valor o poder da imaxinación.   

Unha vez máis, o selo cobra ese cariz de “meta selo”, no que se converte nunha obra de arte en si mesmo. 

Máis alá do valor postal, aínda que sen esquecer a súa esencia como método de franqueo, esta emisión ocupará un lugar importante dentro da Historia do Selo.