Data de emisión: 27 abril 2021

Protagonistas da Historia.- 2021. Juan de Castillo

CONSULTAR TARIFAS

Protagonistas da Historia.- 2021. Juan de Castillo

Historia

PROTAGONISTAS DA HISTORIA. JUAN DE CASTILLO

Un selo enmarcado nun cuño con forma de H de Historia recorda algúns dos seus protagonistas. Neste caso a emisión está dedicada a Juan de Castillo e ten como motivos principais unha reprodución do busto incrustado nun lateral da igrexa de San Pedro en Arnuero en Cantabria, situada na zona onde se cre que naceu, xunto cunha imaxe do claustro do Mosteiro de Santa María da Vitória, coloquialmente coñecido como Mosteiro de Batalha, da que foi artífice.

Juan de Castillo, cántabro de nacemento, tivo o seu maior recoñecemento en Portugal, onde é coñecido como João de Castilho, onde se lle considera un heroe nacional, entre outras cousas porque, hoxe en día, é o único arquitecto do mundo que ten cinco obras rexistradas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade.

Crese que traballou na Catedral de Burgos, a finais do século XV, que por eses anos xa contaba coas dúas esveltas agullas da fachada, realizadas pouco antes por Juan de Colonia e que, neses momentos, baixo a dirección do seu fillo Simón, estaban sumidos na construción da famosa capela do Condestable. 

Os seus maiores logros chegaron coa marcha a Portugal, na época de Manuel I, o Afortunado, rei que promoveu notablemente as artes, as ciencias e os descubrimentos. 

Foi contratado polo arcebispo de Braga para dirixir a construción da Capela Maior da Catedral de Braga.

Unha vez alí, a súa carreira foi en ascenso. As súas cinco obras máis importantes recoñecidas internacionalmente, e que como mencionamos con anterioridade, foron nomeadas pola UNESCO Patrimonio da Humanidade son: Convento de Cristo, en Tomar a 138 km ao nordés de Lisboa; Mosteiro dos Xerónimos de Belém, en Lisboa; Mosteiro de Batalha, en Batalha, a 153 km ao norte de Lisboa; Mosteiro de Alcobaça a 125 km ao norte de Lisboa; Fortaleza de Mazagán, en Marrocos.

Hoxe a Filatelia española dedícalle un selo como homenaxe ao seu gran labor e á pegada que este cántabro deixou dentro e fóra do noso país.