Data de emisión: 11 marzo 2021

Vilas con encanto

CONSULTAR TARIFAS

Vilas con encanto

Historia

VILAS CON ENCANTO. BÁRCENA MAYOR, CAPILEIRA, MIRANDA DEL CASTAÑAR E TORAZU.

Dende 2016 Correos emite esta serie para difundir o patrimonio xeográfico de España e poñer en alza a gran cantidade e variedade de vilas con encanto que conforman o noso país. De novo, catro selos autoadhesivos que simulan as tiras postais antigas, pregadas en formato fol onde o reverso do selo tamén está imprimido coma se dunha tarjeta postal se tratase. 

Bárcena Mayor (Cantabria). En pleno corazón do Parque Natural de Saja-Besaya e xunto ao río Argoza, Bárcena Mayor parece terse detido no tempo conservando os valores tradicionais da Cantabria rural. O selo recolle unha imaxe dunha das casas representativas desta localidade. Estas casas teñen amplos soportais polos que se entraba ao palleiro. A zona destinada á vivenda adoitaba estar na planta alta. 

Capileira (Granada). Unha das vilas máis bonitas da Alpujarra granadina é o protagonista doutro dos selos. O selo recolle unha imaxe das súas casas encaladas e os seus característicos teitos, coñecidos como “terraos”, no que se observa a súa particularidade: teitos planos e cubertos dunha terra de cor azulada chamada “launa”, que protexe as casas das nevadas e a chuvia. É a vila máis próxima aos cumios de Serra Nevada e os seus case 1.500 metros de altitude ofrece as mellores vistas do Barranco de Poqueira. 

Miranda del Castañar (Salamanca). Situada sobre un saínte rochoso arrodeado dos ríos Francia e San Benito. O selo amosa Miranda de Castañar, rodeada de verde e a torre do seu castelo asomando entre os seus tellados. Pasear polas súas rúas é volver ao pasado, a un pasado medieval de cachotería, madeira e granito. Conserva unha muralla de algo máis de 600 metros, intacta e completa, coas catro portas que dan acceso á zona histórica.

Torazu (Asturias). Entre as montañas asturianas e con apenas 100 habitantes, érguese Torazu, unha das vilas máis bonitas de España, onde se pode gozar da súa arquitectura rural cos seus antigos hórreos que se conservan de forma exquisita, documentando así a historia deste lugar. Este lugar máxico, de orixe celta, coida de xeito delicado das súas tradicións e querenzas. O selo amosa unha panorámica da súa particular orografía.