Data de emisión: 01 abril 2021

Serie básica. -2021. S.M. O rei Filipe VI

CONSULTAR TARIFAS

Serie básica. -2021. S.M. O rei Filipe VI

Historia

SERIE BÁSICA. FELIPE VI

A serie básica é aquela serie filatélica na que os selos postos en circulación son de número ilimitado e por un período longo de tempo.

Xeralmente, nos países monárquicos, é a imaxe do rei ou raíña a que aparece como motivo principal do selo.

A primeira serie básica en España iniciouse á par que a primeira emisión postal en 1850: a efixie da raíña Isabel II.

Os deseños das series básicas en España, reproduciron as efixies dos  xefes de estado e motivos alegóricos, dependendo das distintas etapas.

Tamén, a Serie Básica protagonizou emisións con aqueles que gobernaron en períodos excepcionais, como Amadeo de Saboya, ou, mesmo, no caso de Carlos VII, pretendente ao trono de España, selos emitidos na zona carlista coa súa efixie como motivo principal.

A serie básica pretende satisfacer a necesidade máis común no tráfico postal, a multiplicidade de valores que se requiren para realizar os envíos, tanto na correspondencia, coma tamén, na paquetería e outros produtos postais que presentan valores engadidos.

Nalgunhas ocasións, debido ao cambio anual nas tarifas postais, necesítase completar o franqueo dos selos e neste caso, pódense realizar cos chamados complementarios da serie básica.

A estética dos selos da Serie Básica foi evolucionando ao longo dos anos dende uns deseños monocromáticos ata deseños cheos de cor e mesmo, con efectos tan innovadores como a Realidade Aumentada, ou a impresión con tintas e cores directas. Outro dos cambios importantes que se pode apreciar ao longo dos anos, é o paso de imaxes co busto simplemente de perfil, a rostros en ¾ e mesmo imaxes de corpo enteiro.

O selo deste ano recolle a efixie da Súa Maxestade, o rei Felipe VI, con traxe civil e como novidade, outra imaxe do rei, superposta xunto á xa mencionada, esta vez cun plano medio e vestido con uniforme de grande etiqueta de Capitán Xeneral do Exército de Terra.